Os socialistas esíxenlle á Xunta que explique no Parlamento “quen vai pagar” os 8.000 millóns de euros de diñeiro público perdidos na venda de NGB a Banesco

Os socialistas esíxenlle á Xunta que explique no Parlamento “quen vai pagar” os 8.000 millóns de euros de diñeiro público perdidos na venda de NGB a Banesco

Os socialistas esíxenlle á Xunta que explique no Parlamento “quen vai pagar” os 8.000 millóns de euros de diñeiro público perdidos na venda de NGB a Banesco

Juan Carlos González Santín lembra que o presidente do Goberno se ten comprometido a que a banca pagaría esta cantidade “e, polo que se ve agora, isto non será así”

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, esixiulle hoxe á Xunta que explique no Parlamento “qué vai pasar cos mais de 8.000 millóns de euros de diferenza entre os mais de 9.000 investidos en NGB e os 1.000 que agora paga a venezolana Banesco” para facerse coa entidade galega.

O responsable socialista presentou unha pregunta diante do Pleno na que sinala que os presidentes de Xunta e Estado “teñen que explicar quen vai pagar esta cantidade”. Así o dixo lembrando que o propio Rajoy “dixo no seu día que non a iamos pagar os contribuíntes, que a pagaría a banca e, polo que se ve agora, isto non será así”.

González Santín lembra que NGB foi vendida por 1.000 millóns de euros “despois de que o seu saneamento custase 9.000 aos contribuíntes españois”, o que “demostra que foi unha venda precipitada e un exemplo mais da política errática do goberno galego en materia financeira”.

400 millóns

A realidade é que finalmente o grupo venezolano Banesco adquirirá o 88,3 por cento da entidade bancaria galega desembolsando apenas 400 millóns de euros ao formalizarse a operación, xa que o resto será abonado en sucesivos prazos ata 2018.

Con este proceso, sinala, NGB perderá definitivamente a súa galeguidade, e os 600 millóns de euros que serán demorados serán financiados co beneficios que xere a entidade nos próximos anos. Advertiu que estes beneficios “serán para Banesco e non para o Estado, como ocorrería de vender o banco sen tantas presas”.

Preferentes

O deputado socialista advertiu que a día de hoxe “ninguén responde” aos afectados das participacións preferentes, cando os responsables da entidade “escapan do asunto” e o goberno galego “sitúase de perfil”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar