Os socialistas esíxenlle á Xunta que entregue a documentación solicitada sobre os contratos do Sergas con Marcial Dorado

Os socialistas esíxenlle á Xunta que entregue a documentación solicitada sobre os contratos do Sergas con Marcial Dorado

Os socialistas esíxenlle á Xunta que entregue a documentación solicitada sobre os contratos do Sergas con Marcial Dorado

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiulle á Xunta que respecte o Regulamento do Parlamento e faga entrega formal da documentación solicitada polo Grupo Socialista sobre os contratos da Xunta coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado, na época na que o actual presidente da Xunta era o máximo responsable do Sergas.

Logo da Mesa da Comisión de Sanidade, que fixou para o xoves a comparecencia do secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Losada lembrou que “unha cousa é unha comparecencia e outra moi diferente a entrega de documentación oficial á que teñen dereito os grupos parlamentarios”.

Criticou que a Xunta tenta “atropelar de novo os dereitos dos grupos parlamentarios”, lembrou que a solicitude de documentación pola vía formal do artigo 9 do Regulamento “mantense plenamente vixente, e pretender calquera outra cousa é unha perversión do procedemento para tender unha cortiña de fume” intentando “agochar a verdade”.

O responsable socialista asegurou que os socialistas “utilizaremos tódolos medios ao noso alcance” para que se cumpra o Regulamento do Parlamento e “impedir que a Xunta continúe pisoteando de xeito intolerable os dereitos dos grupos parlamentarios”. Lembrou que o Goberno galego acumula sen responder, no que vai de lexislatura, mais de 80 solicitudes de documentación por artigo 9 formuladas polos socialistas galegos.

Losada apunta que entre estas solicitudes de información “atópanse cuestións tan graves como os contratos asinados polo goberno galego con Marcial Dorado” solicitados polos socialistas galegos.

O PSdeG solicitou esta documentación logo de constatar a través dos medios de comunicación que cando o actual presidente era responsable da saúde pública galega mantiña unha relación “indecente, inmoral e impropia” con quen mais dano podía facer á saúde: un dos principais narcotraficantes galegos.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar