Os socialistas esíxenlle á Xunta que demostre que rematou a crise repoñendo as condicións arrebatadas ao profesorado e ao conxunto do ensino público de Galicia

Os socialistas esíxenlle á Xunta que demostre que rematou a crise repoñendo as condicións arrebatadas ao profesorado e ao conxunto do ensino público de Galicia

Os socialistas esíxenlle á Xunta que demostre que rematou a crise repoñendo as condicións arrebatadas ao profesorado e ao conxunto do ensino público de Galicia

Vicente Docasar sinala que “hoxe máis que nunca o papel do profesorado é clave e imprescindible para a boa marcha do sistema educativo”

Insta á Xunta de Galicia a “demostrarlle ao profesorado que a recuperación económica xa está aquí, tal e como din Montoro, Rajoy e Feijóo”

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, esixiulle hoxe ao goberno galego que demostre que a crise ten sido superada, “tal e como nos din os señores Rajoy, Montoro e Feijóo” empezando a repoñer as condicións do profesorado e do conxunto do ensino público de Galicia. Así o dixo no debate dunha iniciativa presentada hoxe na Comisión de Educación do Parlamento Galego.

O responsable socialista dixo que, si o que afirman os dirixentes do PP é certo, “ten chegado o momento de que o profesorado e os centros empecen a recuperar progresivamente as condicións que tiñan antes da crise económica, e que ten levado aos profesionais da nosa educación a un profundo desánimo e desasosego”.

Lembrou que os anos de crise supuxeron a perda de milleiros de prazas docentes, mentres o profesorado perdeu un 30 por cento do seu poder adquisitivo e “estamos vendo cómo moitos profesores vocacionais deciden abandonar e xubilarse anticipadamente por medo ao futuro”, chegando a que 1.030 docentes pediran a xubilación no pasado mes de agosto.

Esta situación, explicou, reflíctese tamén na situación dos centros, que teñen materiais didácticos obsoletos, inmobles sen mantemento axeitado, mentres leis educativas como a recente Lomce, que cualificou de “sectaria” e “de partido”, son elaboradas, aprobadas e impostas sen contar cos profesionais do ensino.

Papel do profesorado

O deputado socialista trasladou o apoio dos socialistas galegos a un profesorado que, apuntou, que “hoxe mais que nunca ten un papel absolutamente clave e imprescindible para a boa marcha do sistema educativo”. Amosou por iso a súa sorpresa por que o PP respondera aos datos do informe Pisa “sacando peito da xestión do ministro Wert, o conselleiro Vázquez e o PP”.

Sinalou que “teñen vostedes un comportamento cuco”, en alusión ao paxaro que se caracteriza por aproveitarse do traballo dos demais, xa que o informe fai alusión ao traballo do profesorado e ao resultado da LOE aprobada polo goberno de Zapatero. Subliñou así que quen merece os parabéns é o profesorado que “ten conseguido avanzar moderadamente nunha situación francamente adversa”.

O responsable socialista defendeu así aos “milleiros de profesores e profesoras que nos últimos tempos cómo se lles arrebataron dereitos laborais e profesionais adquiridos durante anos , se recortaban drasticamente os gastos de funcionamento dos centros, se aumentaba o seu horario laboral, o número de alumnos por aula, se eliminaban reforzos para alumnos con dificultades e mesmo ,se lles quitaba o dereito a poñerse enfermos ou eran obrigados a impartir materias para as que non están preparados”.

Por esa razón, mentres o partido popular sacaba peito hai uns días polo moderado avance obtivo polo noso país no informe Pisa 2012 , os socialistas preferimos saír gabando a labor do profesorado, que foi quen de conseguir un moderado avance nese informe , a pesares das condicións adversas nas que están a a traballar, concluíu Docasar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar