Os socialistas esíxenlle á Xunta que “demostre con feitos que a recuperación económica é real” repoñendo as condicións laborais do profesorado, os equipamentos e gastos de funcionamento dos centros e as plantillas recortadas durante a crise económica

Os socialistas esíxenlle á Xunta que “demostre con feitos que a recuperación económica é real” repoñendo as condicións laborais do profesorado, os equipamentos e gastos de funcionamento dos centros e as plantillas recortadas durante a crise económica

Os socialistas esíxenlle á Xunta que “demostre con feitos que a recuperación económica é real” repoñendo as condicións laborais do profesorado, os equipamentos e gastos de funcionamento dos centros e as plantillas recortadas durante a crise económica

Vicente Docasar salienta que “o papel do profesorado e a súa implicación son absolutamente imprescindibles para a boa marcha do sistema educativo”

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, esixiulle hoxe ao goberno galego que “demostre que a recuperación económica é real” repoñendo as plantillas e condicións laborais dos profesores recortadas durante a crise económica, así como os equipamentos e gastos de funcionamento dos centros O deputado socialista presentou estas reclamacións a través dunha proposición non de Lei debatida esta tarde na Comisión de Educación do Parlamento.

O responsable socialista advertiu que “o papel do profesorado e a súa implicación son absolutamente imprescindibles para a boa marcha do sistema educativo”, polo que sinalou que este colectivo “debe empezar a recuperar os dereitos arrebatados por decisións políticas tomadas ao amparo da crise nos últimos anos”.

Así, instou ao goberno galego a que dea verosimilitude ás palabras dos responsables políticos do PP “tanto en Galicia como en Madrid” asegurando que a crise económica ten chegado ao seu fin e que a recuperación económica “xa está aí”. Sinala que “se as cousas son como dixeron os dirixentes do PP o pasado fin de semana en Valladolid, o PSdeG quere que esa recuperación sexa percibida pola xente.

Por este motivo reclama a reposición progresiva das condicións laborais e profesionais “arrebatadas ao colectivo docente”, ademais de “defender nas declaracións públicas o traballo que están a desenvolver os profesionais da educación” e repoñer as plantillas docentes recortadas na crise económica.

Considera tamén imprescindible a posta en marcha dun plan de mellora das instalacións dos centros educativos, un plan para renovar os equipamentos didácticos, nomeadamente os informáticos, incluíndo un plan para garantir un ancho de banda de acceso a internet axeitado aos tempos actuais “tanto no medio rural como no urbano”.

Xubilacións

O responsable socialista sinala que o castigo asestado a estes profesionais, incluíndo a perda de dereitos e “situando o seu poder adquisitivo na década dos 80”, cunha caída salarial do 30 por cento, provocou que moitos profesores e profesoras vocacionais se teñan xubilado anticipadamente, chegando a 1.030 baixas en agosto de 2013, o que se une á non reposición das prazas vacantes.

Ademais, as escolas e institutos veñen padecendo unha situación difícil polo deterioro das súas condicións materiais, con material didáctico que non se repón, instalacións que non se arranxan, obras novas que non poden encetarse ou que chegan “tarde e mal”, ou unha nova Lei educativa “profundamente rexeitada por unha ampla maioría da comunidade escolar” e que foi recorrida ao Tribunal Constitucional por cinco comunidades autónomas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar