Os socialistas esíxenlle á Xunta que abra o diálogo co profesorado dos cursos Celga

Os socialistas esíxenlle á Xunta que abra o diálogo co profesorado dos cursos Celga

Os socialistas esíxenlle á Xunta que abra o diálogo co profesorado dos cursos Celga

Vicente Docasar leva ao Parlamento unha batería de preguntas sobre o despedimento destes docentes para ofrecer a súa tarefa a profesores en activo

CelgaO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, esixiulle hoxe á Xunta que abra vías de diálogo co profesorado dos cursos Celga –que acreditan o dominio do galego-. Docasar presentou unha batería de iniciativas parlamentarias sobre a decisión da Xunta de despedir a estes docentes para ofrecer o seu posto a profesores en activo.

O responsable socialista esixe que o goberno galego atenda ás peticións de diálogo destes mestres “para acadar algún tipo de entendemento” con estes 500 profesionais. Lembra que boa parte do persoal está a presentar demandas xudiciais por despido improcedente contra a secretaría xeral de Política Lingüística logo de que prescindira destes profesionais pra cubrir as prazas con profesorado de secundaria dos propios institutos.

Sinala que o obxectivo é “evitar as resolucións emitidas polas inspeccións de traballo da Coruña e Ourense, que obrigaban a contratar a estes traballadores e dalos de alta na Seguridade Social con efecto retroactivo, ademais de impoñerlle unha multa de 200.000 euros á Xunta.

Lamenta que a situación, xa tratada en varios debates parlamentarios, ata o momento non acadou “ningunha solución ao problema, senón que mais ben da a sensación de que as cousas non paran de empeorar”.

Os socialistas galegos presentaron estas iniciativas logo de varios encontros con este colectivo ao longo dos últimos meses, nos que fixeron eco da súa particular situación polas decisións unilaterais do goberno galego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar