Os socialistas esíxenlle á Xunta o cumprimento da Lei de Violencia de Xénero e denuncian a paralización das axudas ás vítimas dende xuño

Os socialistas esíxenlle á Xunta o cumprimento da Lei de Violencia de Xénero e denuncian a paralización das axudas ás vítimas dende xuño

Os socialistas esíxenlle á Xunta o cumprimento da Lei de Violencia de Xénero e denuncian a paralización das axudas ás vítimas dende xuño

Carmen Acuña reclama a comparecencia da Comisión de Igualdade das representantes da Asociación Ve – la luz, en folga de fame dende o 15 de outubro para denunciar estes incumprimentos

Macu AcuñaA deputada socialista Carmen Acuña esixiulle á Xunta o cumprimento da Lei de Violencia de Xénero, que está a acumular irregularidades coa xestión do PP. Acuña presentou unha proposición non de Lei na que advirte que o goberno galego ten paralizadas as axudas ás vítimas dende o pasado mes de xuño.

Denunciou o “desamparo” que están a provocar os incumprimentos desta norma e que levaron a dez mulleres da Asociación Ve – la luz de A Coruña a iniciar unha folga de fame o pasado 15 de outubro como sinal de protesta. Criticou a “insensibilidade” amosada polo goberno galego fronte a esta problemática, xa que “está sen recoñecer nin abonar ningunha achega nova ás vítimas dende o mes de xuño”.

A deputada socialista advertiu que esta decisión foi tomada por sorpresa “non se sabe se porque non teñen fondos, se porque xa se pechou o exercicio orzamentario ou simplemente porque si”. Sinalou ademais que os cambios producidos no ano 2013 nas condicións para acceder ás achegas “limitan ata o acceso á axuda psicolóxica a moitas mulleres, xa que só se activa o protocolo cando existe unha orde de afastamento”.

Engadiu que a inserción laboral destas mulleres tamén se está a ver afectada polos drásticos recortes en servizos sociais do goberno de Feijóo, que vén de limitar as bonificacións nos pagos á Seguridade Social da totalidade ao 20 por cento. Ademais, dixo, tampouco están a funcionar os programas dirixidos á contratación de mulleres maltratadas, limitando as contratacións a un “ridículo 0,8 por cento do total”.

Proposta

Os socialistas presentaron unha proposta na Cámara autonómica para que se dote á administración de Xustiza dos medios necesarios para atender a tódolos casos de violencia de xénero. Tamén esixen ao goberno que resolva de forma inmediata as solicitudes de achegas paralizadas dende xuño, así como o cumprimento da Lei de Violencia de Xénero en tódolos seus apartados.

Tamén reclamou que as administracións, baixo a competencia autonómica, destinen o 2 por cento das contratacións de persoal a mulleres vítimas de violencia de xénero. Propón así mesmo investigar de forma inmediata os expedientes das mulleres que participaron na folga de fame “para así evitar asañamento ou mal uso do circuíto xudicial por parte dos maltratadores cara ás vítimas e aos seus fillos”.

Carmen Acuña propón finalmente a convocatoria da Comisión de Estudo para a Igualdade e os dereitos das mulleres, dando voz á Asociación Ve – la luz, entre outros, e no prazo máximo dun ano “investigar o motivo do alto índice de sobreseimentos provisionais, a lenta instrución dos procedementos, ou a aplicación do Síndrome de Alienación Parental nos xulgados de violencia contra a muller.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar