Os socialistas esíxenlle á Núñez Feijóo que “ademais de vir de turismo pola Mariña de Lugo, cumpra os compromisos feitos hai xa cinco anos”

burela_02O deputado socialista José Ramón Val lembroulle hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, “que está moi ben que veña pola Mariña de Lugo a facer turismo, pero o que ten que facer é cumprir os compromisos feitos hai xa cinco anos, é o que demandan os veciños”.

“Onte o presidente da Xunta non dixo nada da ampliación do Hospital da Costa ou de cando rematarán os traballos na vía de alta capacidade (VAC) entre Ferrol e San Cibrao”, afirmou o deputado socialista, que lamentou “o silencio do goberno galego ante proxectos anunciados e non desenvolvidos”.

En opinión de José Ramón Val, “a Xunta ten que cumprir cos proxectos que son da súa competencia e falar co Goberno central para aqueles que non dependen do goberno galego”. Os municipios da Mariña esixen tamén melloras urxentes na estrada nacional N-642, “onde se producen moitos accidentes polo estado da vía”.

“Son temas prometidos e que agora están nun caixón, como o acceso ao porto de Burela ou o dragado dos portos pesqueiros e deportivos de Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo”, engadiu.

Por último, Val considera que “os efectivos da Garda Civil e doutros corpos de seguridade son insuficientes na Mariña de Lugo; estes son os temas que preocupan aos cidadáns, pero semella que xa non son importantes para o presidente da Xunta aínda que os prometeu”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar