Dimite Castelao Bragaña, logo de dicir que “as leis son como as mulleres: están para violalas”

Dimite Castelao Bragaña, logo de dicir que “as leis son como as mulleres: están para violalas”

Dimite Castelao Bragaña, logo de dicir que “as leis son como as mulleres: están para violalas”

A secretaria de Política Institucional do PSdeG-PSOE e deputada no Congreso, Laura Seara, xa esixira ao Goberno de España o cese fulminante de Castelao Bragaña como presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, órgano consultivo dependente do Ministerio de Traballo.

Seara esixira o cese fulminante deste cargo, que foi deputado polo PP no Parlamento de Galicia por dicir aos dous días de ser nomeado no cargo, que “as leis son como as mulleres: están para violalas”, tal e como foi feito público polos medios de comunicación.

A responsable socialista puntualizou que “estas son as compañías e estes son os amigos de Núñez Feijóo, que o promoveu para ser nomeado presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior pola ministra Báñez”. Engadiu que “estes son os referentes do PP que nos avergonzan a todos e todas e manchan o bo nome da cidadanía española e galega no exterior”.

Queda pendente a esixencia de Seara a Feijóo e a Rajoy de medidas disciplinarias “inmediatas e contundentes” como militante do seu partido.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar