Os socialistas esíxenlle a Feijóo "responsabilidade coas súas mentiras" ao naval de Ferrol

Os socialistas esíxenlle a Feijóo "responsabilidade coas súas mentiras" ao naval de Ferrol

Os socialistas esíxenlle a Feijóo "responsabilidade coas súas mentiras" ao naval de Ferrol

Sector Naval. Astilleros. AsteleirosA deputada socialista Beatriz Sestayo dixo hoxe que Feijóo e o PP son “responsables de todas e cada unha das súas mentiras” con Ferrol e nomeadamente co sector naval desta cidade. Así o dixo logo do rexeitamento do PP a unha iniciativa socialista que reclamaba o cumprimento dos acordos aprobados polo parlamento sobre o naval de Ferrolterra.

A deputada socialista criticou que Feijóo teña incumprido sistematicamente todos e cada un dos compromisos acadados coa cidade, especialmente intensos en época electoral, dende que se presentou como “garante do dique flotante” ata a construción do Buque de Acción Militar, pasando polo centro de reparacións, os buques remolcadores e quimiqueiros ou os floteis para Pemex.

A realidade destas promesas, explicou, son as 4.417 persoas que foron despedidas do naval de Ferrol nos últimos dous anos “mentres escoitaban os compromisos sen fin do presidente da Xunta”. Esta é a situación das 3.000 persoas que ían traballar para que Navantia construíra os floteis de Pemex que se reduciron a 140 traballadores en subactividade que ven cómo os 8 primeiros bloques do encargo son desprazados a Cádiz.

Titulares

Criticou que o PP “tan só estea preocupado de obter o seu titular cada vez que se achega unha convocatoria electoral”, pero o resultado, engadiu, é que hoxe “teñen que pasear por Ferrol agochados en coches oficiais entre os milleiros de carteis pedindo a súa dimisión”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar