Os socialistas esíxenlle a Feijóo que retire a suba do 34 por cento no canon de Sogama e recupere o consenso cos concellos na xestión de residuos

Os socialistas esíxenlle a Feijóo que retire a suba do 34 por cento no canon de Sogama e recupere o consenso cos concellos na xestión de residuos

Os socialistas esíxenlle a Feijóo que retire a suba do 34 por cento no canon de Sogama e recupere o consenso cos concellos na xestión de residuos

O PP rexeita unha Proposición de Lei do PSdeG para modificar a Lei de Residuos de Galicia

Patricia Vilán acusa a Feijóo de “cargar sobre as familias a súa incapacidade para garantir unha nova lexislación eléctrica” e impedir a suba do canon

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que retire a suba do 34 por cento do canon de Sogama e “recupere o consenso no mundo municipal na xestión dos residuos”. Así o dixo no debate dunha Proposición de Lei presentada polo PSdeG para impedir a suba e priorizar a redución, reciclaxe e reutilización de residuos, que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista acusou ao presidente galego de “cargar sobre as familias a súa incapacidade para garantir unha nova lexislación eléctrica” e explicou que a suba drástica do canon deriva da “falla de peso do presidente da Xunta para prever a reforma que eliminou as primas ás enerxías renovables”. Reclamoulle ao goberno galego que atenda á “contestación de alcaldes galegos de tódolos partidos” que se teñen oposto ao canon.

Lembrou así que actualmente Unión Fenosa posúe o 49 por cento das accións de Sogama, que “acabaran asumidas polo Goberno de Galicia, debido á inexistencia actual de valorización enerxética pola decisión do Goberno do Estado de anular as primas ás eléctricas”. Criticou ademais que o goberno “caracterizouse pola ausencia dunha xestión de proximidade e dunha maior coordinación coas administracións locais” tratando aos concellos como “clientes”.

Reforma

Os socialistas galegos solicitaron a reforma da Lei de Residuos para converter a Sogama nunha verdadeira sociedade autónoma, modificar o plan de residuos nos prazos previstos, buscar un custe homoxéneo o mais reducido posible ou revisar o canon anualmente. Ademais, reclamou fixar as condicións de adhesión ao sistema conxuntamente coas propias entidades locais.

Tamén reclama o mantemento do canon unitario “sen subas”, comprometerse a iniciar a modificación do plan nun prazo de seis meses e facelo atendendo á integración dos distintos modelos de xestión de residuos de Galicia, complementariedade, misticidade e dedicando a incineradora de Cerceda unicamente aos rexeitos.

Reclamou en suma a aplicación dos criterios de xestión de residuos impostos pola UE, que priorizan a redución, reciclaxe e reutilización, deixando a incineración e eliminación como ultimas alternativas. Pola contra, lembrou que o goberno galego ten imposto un modelo centrado na incineración, levando a Galicia a queimar sete veces mais que o resto da UE, mentres só recicla o 5 por cento, sete veces menos que a UE.

Alternativas
A deputada socialista lembrou que existen alternativas ao modelo do goberno galego, como o do concello de Piñor, centrado na compostaxe e que pasou de enviarlle a Sogama 340 toneladas en 2007 ás 255 de 2013. Ademais instalaron composteiros, bonificando en 20 euros para cada familia na factura do lixo, e insisten na educación ambiental.

Ademais, a planta de tratamento de Lousame envía un máximo dun 30 por cento ao vertedoiro e establece un canon de 55 euros por tonelada, fronte aos case 90 de Sogama, a pesares de que a Xunta só lle paga o 80 por cento do quje se recupera, fronte ao cen por cen que lle abonan á planta de Cerceda.

Finalmente, esixiulle ao goberno galego que se fixe no modelo da UE, que parte dos principios de autosuficiencia no tratamento dos recursos, proximidade, transparencia e participación, flexibilidade na revisión dos convenios, descentralización e equidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar