Os socialistas esíxenlle a Feijóo que impugne o decreto das Preferentes

Os socialistas esíxenlle a Feijóo que impugne o decreto das Preferentes

Os socialistas esíxenlle a Feijóo que impugne o decreto das Preferentes

A secretaria de
Economía da Executiva do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, dixo hoxe que “si Rajoy non
quere defender aos estafados -polas preferentes e subordinadas- e Feijóo non
resolve, esixímoslle que impugne o Decreto Lei e impida a quita” para que sexa
devolto o importe íntegro.

 

A responsable
socialista esixiulle ao presidente da Xunta que garanta “un proceso
transparente e publicitado con igualdade de condicións para todos os afectados
e afectadas e non en función de afinidades políticas”. Gallego advertiu da
existencia de cargos municipais do PP que sen estar adscritos á arbitraxe están
a recibir “chamadas das entidades” para incluílos no proceso.

 

Criticou que a
Xunta está a xestionar o proceso de arbitraxe “de maneira opaca, partidista e
lenta”, o que provoca que ata o momento só teñan sido resoltas 300 peticións de
13.000 presentadas ata agora. Reclamoulle que “dote de medios ao Instituto Galego
de Consumo” para permitirlle resolver os casos que opten por esta vía.

 

A responsable
socialista lembrou que o Real Decreto aprobado o pasado venres polo Consello de
Ministros condena a 43.000 afectados só en NGB a quitas de mais do 70 por cento
do importe investido nestes produtos fraudulentos. Apuntou que os afectados son
“aforradores estafados e non inversores no 99,9 por cento dos casos”, polo que
esixiu que se lles devolva a contía íntegra dos seus aforros.

 

Carmen Gallego
participou hoxe nun encontro de traballo coas plataformas de afectados polas
participacións preferentes en toda Galicia, á que tamén asistiron a secretaria
de Economía e Emprego da Executiva Federal do PSOE, Inmaculada Rodríguez
Piñeiro, e o portavoz de Consumo no Parlamento, Juan Carlos Francisco Rivera.

 

Rexeitar a Lei

 

A responsable de
Economía e Emprego da Comisión Executiva Federal do PSOE, Inmaculada Rodríguez
Piñeiro, instou hoxe a Feijóo a defender aos galegos e galegas “pedíndolle a
Rajoy que no aprobe a Lei” que regula o ordenamento financeiro e establece as
quitas dos aforros estafados polas entidades. Reclamoulle ao presidente da
Xunta que se demostre “á altura dos intereses dos galegos e galegas estafados”.

 

Para isto,
explicou, reclamou o voto favorable á proposición non de Lei que presentou o
PSOE no Congreso para que a Comisión Nacional do Mercado de Valores –CNMV- inicie
unha auditoría de oficio para diferenciar os inversores dos aforradores, e que
estes últimos reciban os seus aforros íntegros. Esta iniciativa reclama tamén
dotar de maiores recursos á CNMV para facer fronte a este caso, e dar conta
desta estafa á Fiscalía.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar