Os socialistas esíxenlle a Feijóo que cese á conselleira de Sanidade e advirten que do contrario será “cómplice dun caso de nepotismo no seu goberno”

Os socialistas esíxenlle a Feijóo que cese á conselleira de Sanidade e advirten que do contrario será “cómplice dun caso de nepotismo no seu goberno”

Os socialistas esíxenlle a Feijóo que cese á conselleira de Sanidade e advirten que do contrario será “cómplice dun caso de nepotismo no seu goberno”

Carmen Acuña presenta a solicitude de anulación da comparecencia da directora xeral de Recursos Humanos do Sergas para explicar o desvío de poder no nomeamento como xefe de servizo ao marido da conselleira

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, advertiu hoxe a súa sorpresa polo feito de que o presidente da Xunta non teña aceptado a dimisión da conselleira de Sanidade no Consello de hoxe. Dixo que de non anunciar esta medida “será cómplice dun caso de nepotismo no seno do seu goberno”.

Cuña explicou que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que anulou o nomeamento do marido da conselleira como xefe do servizo de cirurxía do Hospital de Santiago por desvío de poder, supón quen a conselleira debe de “explicarse e despois marcharse”. Dixo que “non pode ser que o Tribunal anule un proceso selectivo no que foi beneficiado o marido da conselleira e esta non se digne a dar explicacións”.

Considera “intolerable” que o presidente da Xunta e a conselleira non respondan diante dun caso de nepotismo e corrupción no seno do seu goberno demostrada e confirmada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esixiu unha explicación polo “uso do poder para influír nun proceso selectivo e utilizar unha situación de privilexio para darlle un posto ao seu marido”.

A responsable socialista acusou á conselleira de agocharse detrás de Feijóo e da directora xeral de Recursos Humanos ao advertir primeiro que a súa dimisión está en mans do presidente da Xunta e a continuación enviar ao Parlamento de Galicia á directora xeral de Recursos Humanos do Sergas a explicar o proceso selectivo.

Anulación da comparecencia

Subliñou que “non necesitamos que explique un procedemento administrativo que o Tribunal xa decretou como irregular e mal feito”, polo que presentou un escrito á Mesa do Parlamento e á Mesa da Comisión de Sanidade para reclamar a anulación da comparecencia da directora xeral de Recursos Humanos do Sergas e que no seu lugar acuda a conselleira de sanidade.

Acuña denunciou a “utilización partidaria e caciquil” do Parlamento de Galicia por parte do goberno galego “coa complicidade da presidenta da Cámara”, que ampara que “Feijóo e o PP interpretan e aplican as regras no seu interese”. Así, sinalou a negativa da Xunta a entregar os contratos coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo Marcial Dorado, ou a negativa a tratar a Lei do Aborto na Comisión de Igualdade.

Criticou que as comparecencias parlamentarias son tramitadas “como e cando quere o goberno e non a oposición”, co que mentres a Xunta rexeita que os directores xerais comparezan no debate de Orzamentos e só comparezan os conselleiros, agora impiden a comparecencia da conselleira de Sanidade e envían á directora xeral de Recursos Humanos do Sergas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar