Os socialistas esíxenlle á conselleira de Sanidade que ofreza “de inmediato” unha alternativa viable á operación de cambio de sexo á galega co síndrome de Harry Benjamin

Carmen Gallego sinala que a Xunta debe resolver a situación logo de que o hospital de Málaga confirmara hoxe que non realiza a operación necesaria para Charlotte

A portavoz de Política Social e LGTB do Grupo Socialista, Carmen Gallego, ven de esixirlle á conselleira de Sanidade que ofreza “de inmediato” unha alternativa viable á operación de cambio de sexo para a galega co síndrome de Harry Benjamin –de xénero feminino pero con órganos xenitais masculinos-.

A deputada socialista sinala que o hospital de Málaga, ao que o Sergas quería derivar a operación, vén de confirmar que non fan a operación específica que precisa Charlotte, tal e como aseguraban os socialistas galegos.

Por este motivo, engade, o Sergas e a conselleira deben ofrecer unha alternativa viable para a operación “que se leva demorando dende hai dous anos por culpa da ineficacia do goberno galego”, que se está a negar a as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Tribunal Supremo que obrigan á administración galega a xestionar a operación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar