Os socialistas esixen unha xestión do solo empresarial “coordinada pola Consellería de Industria” e alonxada “dunha política exclusivamente inmobiliaria”

Os socialistas esixen unha xestión do solo empresarial “coordinada pola Consellería de Industria” e alonxada “dunha política exclusivamente inmobiliaria”

Os socialistas galegos demandaron hoxe no Parlamento unha xestión do solo empresarial “coordinada pola Consellería de Economía e Industria” e máis alonxada “dunha política exclusivamente inmobiliaria”.

Nunha pregunta oral ao director xeral do IGVS, Heriberto García, o portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, lamentou que a Xunta priorice a “liquidación” do solo industrial “para facer caixa en lugar de para crear emprego”.

Sánchez Bugallo criticou un plan de venda de solo industrial “nin homoxéneo nin equilibrado”, que “liquida as existencias empezando polas que teñen peor venda para facer caixa”. “O que están facendo é xogar co prezo, nós defendemos a utilización do solo como un valor en si”, apuntou.

Censurou así que o goberno galego anuncie que no novo concurso de venda de solo industrial que se fará público o venres, “a oferta onde vive o 80% da poboación e se concentra a maior demanda, A Coruña e Pontevedra, será do 30%, e onde vive o 20% poboación, Lugo e Ourense, do 70%”.

Por último, chamou á Consellería a preparar un Plan Integral conxuntamente co departamento de Economía e Industria, orientado a “poñer en valor ese enorme investimento e capital de 500 millóns de euros en solo industrial, propiedade do conxunto dos galegos e galegas, en lugar de malvendelo”, para crear emprego e favorecer a competitividade das empresas galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar