Os socialistas esixen unha vez máis no Parlamento “paralizar” a Lomce e elaborar unha nova lei de educación “consensuada coa comunidade educativa”

Os socialistas esixen unha vez máis no Parlamento “paralizar” a Lomce e elaborar unha nova lei de educación “consensuada coa comunidade educativa”

Os socialistas esixen unha vez máis no Parlamento “paralizar” a Lomce e elaborar unha nova lei de educación “consensuada coa comunidade educativa”

O portavoz de Educación dos socialistas galegos, Vicente Docasar, esixiu de novo no Parlamento “paralizar a LOMCE e elaborar unha nova lei consensuada e con capacidade de durar no tempo”.

“Vostedes saben que o calendario de implantación da lei foi e segue sendo a día de hoxe precipitado e caótico, e serven como exemplos do que digo a posta en marcha precipitada dos decretos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP básica, as novas programacións didácticas e as diferentes reválidas”, manifestou.

“O deputado socialista lembrou que “o Congreso dos Deputados votou e aprobou por ampla maioría hai uns días unha proposición de lei do grupo socialista para paralizar o calendario de aplicación, e dende onte hai unha grande folga de estudantes pedindo o mesmo nas rúas ”.

“A LOMCE supuxo, sen dúbida, un ataque directo na liña de flotación da escola pública deste país para os socialistas, foi claramente unha liña vermella que o Partido Popular traspasou sen complexos e sen contar coa comunidade educativa”, afirmou Docasar.

Os socialistas denunciaron tamén o dano colateral que a implantación da LOMCE causará no alumnado repetidor de segundo de Bacharelato no curso 2016-2017, “pero aínda estamos a tempo de solucionar esta cuestión se hai vontade e capacidade de escoita, como estamos a tempo tamén de paralizar as reválidas de 6º de Primaria e 2º Bacharelato ou de non implantar os cursos de 2º ESO , 4º da ESO e 2º Bacharelato”.

Vicente Docasar foi poñendo exemplos de diferentes casuísticas que deberían sufrir os alumnos repetidores de segundo Bacharelato se non paralizan o calendario de desenvolvemente da Lomce, por mor dunha orde feita a présa e correndo, e de costas aos centros educativos.

“A comunidade educativa ten a sensación de que o Ministerio de Educación elaborou e publicou no BOE unha ORDE a présa e correndo para saír do paso, e deixou o marrón de todo o que supón o desenvolvemento da LOMCE ás comunidades autónomas, e todo iso estase facendo sen que vostedes levanten a súa voz; faino un goberno amigo e toca unicamente dicir amén”, díxolle Vicente Docasar ao Director Xeral de Educación.

O Portavoz de Educación do Grupo Socialista fixo na parte final da súa intervención un exercicio de pedagoxía para que o Director Xeral de Educación entendera e non manipulara as intencións dos socialistas no proceso a seguir con esta denostada lei educativa: “Paralizaremos o calendario de implantación da lei, elaboramos en 6 meses unha nova lei con amplo consenso e con capacidade de durar no tempo, e finalmente, nese momento sí, chegaría o momento de derrogar esa lei”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar