Os socialistas esixen unha vez máis a Feijóo que poña fin “ao seu clamoroso silencio” e compareza “para explicar” no Parlamento “o presunto financiamento ilegal do PP”

Os socialistas esixen unha vez máis a Feijóo que poña fin “ao seu clamoroso silencio” e compareza “para explicar” no Parlamento “o presunto financiamento ilegal do PP”

Os socialistas esixen unha vez máis a Feijóo que poña fin “ao seu clamoroso silencio” e compareza “para explicar” no Parlamento “o presunto financiamento ilegal do PP”

Marisol SoneiraOs socialistas galegos anunciaron hoxe no Parlamento que a próxima semana presentarán varias iniciativas nas que esixen unha vez máis a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “para explicarlle aos cidadáns como se financia o seu partido”.
Nunha rolda de prensa, a deputada socialista Marisol Soneira lembrou que “varios autos xudiciais reflicten irregularidades no financiamento e na facturación do PP de Galicia, mentres o presidente da Xunta e do partido mira para outro lado”.
“Ten que explicar por que o PP de Galicia aparece nos papeis de Bárcenas e as súas relacións con Pablo Crespo, imputado na Gürtel, con Marcial Dorado ou co conseguidor da trama Zeta”, sostén a deputada socialista, que considera a Núñez Feijoo “o epicentro da corrupción que asolaga ao Partido Popular”.
Os socialistas advirten de que “a xustiza, en distintas fases procedimentais, ten demostrado que o Partido Popular de Galicia finánciase nunha parte importante por procedementos ilegais; este mecanismo de financiamento é estrutural e abrangue a toda a súa estrutura territorial”.
PP de Ourense
Soneira fixo referencia tamén ás últimas novidades no presunto financiamento ilegal do PP de Ourense: “Neste novo escándalo están implicadas, segundo a xuíza, persoas relevantes que teñen responsabilidades na administración local, autonómica, nacional e orgánica do PP, pero hai tamén familiares de Núñez Feijoo investigados”.
“Cada día que pasa e cada novo episodio que se coñece sobre presuntos casos de corrupción onde está implicado o PPdeG fan moito mais escandaloso o silencio do presidente da xunta e presidente do Partido Popular de Galicia; Feijóo ten que comparecer e pode habilitar o mes de xaneiro no Parlamento para facelo”, rematou Soneira.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar