OS SOCIALISTAS ESIXEN “UNHA REACCIÓN DA XUNTA E DO GOBERNO CENTRAL” TRAS SERLLE PROHIBIDA A ENTRADA A CINCO DEPUTADOS GALEGOS AO SÁHARA OCCIDENTAL

A deputada socialista Noela Blanco demanda “unha reacción por parte da Xunta e do goberno central” tras serlle prohibida a entrada a cinco deputados do Parlamento de Galicia ao Sáhara Occidental.

“Eramos cinco deputados e nove cidadáns de nacionalidade española, foron uns feitos graves e os socialistas galegos consideramos unha vergoña que aínda non houbera un pronunciamento nin do executivo de Feijóo nin do goberno de Rajoy”, sostén Blanco.

O Intergrupo Paz e Liberdade para o Pobo Saharaui do Parlamento de Galicia, integrado por membros dos distintos grupos da Cámara, convocou hoxe unha rolda de prensa na que informou do traslado das súas queixas ao Consello de Seguridade de Nacións Unidas.

En concreto, demandan “que se lle pidan explicacións a Marrocos pola vulneración do dereito internacional, ao impedir a presenza de observadores internacionais que verifiquen a protección dos Dereitos Humanos no Sáhara Occidental”.

Os deputados e deputadas galegas apoian tamén a intención da ONU de “instar ao goberno de Marrocos a facultar de inmediato o retorno da Minurso con plena capacidade de actuación”.

“Houbo agresións verbais e estes días faleceu por desgraza unha nena de doce anos por culpa dunha mina; a situación na zona é grave e os socialistas galegos non comprendemos o silencio das administracións galega e española”, engade Noela Blanco.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar