Os socialistas esixen “un cambio de modelo na xestión e no reparto nas cotas de pesca” que permita a supervivencia da flota do cerco galega

Os socialistas esixen “un cambio de modelo na xestión e no reparto nas cotas de pesca” que permita a supervivencia da flota do cerco galega

Os socialistas esixen “un cambio de modelo na xestión e no reparto nas cotas de pesca” que permita a supervivencia da flota do cerco galega

PescaOs socialistas galegos demandaron hoxe no Parlamento “un cambio de modelo na xestión e

no reparto das posibilidades de pesca das especies peláxicas que afecta á flota do cerco galega e a de artes menores, solicitando un reparto lineal e xusto baseado en criterios socioeconómicos que permitan aos barcos acceder ao recurso en igualdade de condicións”. Nunha proposición non de lei en comisión rexeitada polo PP, o portavoz de Pesca do PSdeG na Cámara, José Ramón Val, demandou tamén a necesidade de “defender aos profesionais do mar ante as decisións do Goberno central de ordenar actuacións inspectoras desproporcionadas”. “Os profesionais tiveron que solicitar xa no mes de xuño o mecanismo de flexibilidade, o sector está contra as cordas e camiño da ruína por un modelo discriminatorio para os intereses de Galicia e polas medidas que durante os últimos anos vén implementando o Goberno do Estado coa connivencia da Xunta”, afirmou o socialista. “Non corren bos tempos para os nosos cerqueiros, discriminados nos repartos de todas e cada unha das especies peláxicas, discriminados no Plan de xestión da sardiña e sen ningunha alternativa para poder seguir desenvolvendo a actividade pesqueira con garantías”, apuntou Val. “Á falla de posibilidades de pesca nas súas especies obxectivo hai que sumarlle, nos últimos tempos, a enorme presión inspectora que sofren, tratados moitas veces como delincuentes e non como traballadores profesionais mentres o Goberno galego permanece impasible diante destas actuacións que moitas veces rozan o abuso de autoridade”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar