Os socialistas esixen "solucións" para frear "o colapso da sanidade galega" e consideran que a primeira delas debe ser "a despedida da conselleira"

Os socialistas esixen "solucións" para frear "o colapso da sanidade galega" e consideran que a primeira delas debe ser "a despedida da conselleira"

Os socialistas esixen "solucións" para frear "o colapso da sanidade galega" e consideran que a primeira delas debe ser "a despedida da conselleira"

acuñaA portavoz de Sanidade dos socialistas galegos, Carmen Acuña, esixiu hoxe no Parlamento “solucións urxentes” para o “colapso xeneralizado” da sanidade galega e considera que a primeira delas debe ser “a despedida da conselleira Rocío Mosquera”.
“Estamos nunha situación sen precedentes, pídolle que se marche porque o seu propio presidente, os profesionais e os cidadáns reproban a súa xestión”, afirmou a deputada socialista en resposta á comparecencia no pleno de hoxe da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.
“A gripe puxo de manifesto que a xestión é un desastre, froito de sucesivos recurtes, copagos e privatizacións, un caos que só superamos grazas ao esforzo dos traballadores”, afirmou Acuña, que lamentou ademais que o Partido Popular leve “seis anos desmantelando e utilizando en beneficio propio o sistema sanitario público de Galicia”.
“Lémbrolle que hai unha folga no Meixoeiro, o Chuac está na Fiscalía, en Ourense van de denuncia en denuncia, en Ferrol hai doentes que estiveron 36 horas sen comer en urxencias, os profesionais de atención primaria esixen solucións e as protestas dos sindicatos son diarias, polo que a reprobación é unánime e non ten precedentes”, engadiu a deputada socialista.
“Vostede veu hoxe aquí a mentir e a utilizar como tapadeira aos enfermos de hepatite C, non da datos reais e o que é necesario agora é poñer en marcha solucións, a situación é de extrema gravidade mentres avanza o proceso privatizador”, apuntou a portavoz de Sanidade dos socialistas.
Na quenda de réplica, Acuña engadiu que “xa está ben de presumir, o que teñen que dicir, por exemplo, é cando os enfermos de hepatite C terán á súa disposición os fármacos; menos palabrería e máis medidas neste caso e para o colapso da sanidade galega”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar