Os socialistas esixen responsabilidades políticas pola anulación da concesión do porto deportivo de Sada

Os socialistas esixen responsabilidades políticas pola anulación da concesión do porto deportivo de Sada

Os socialistas esixen responsabilidades políticas pola anulación da concesión do porto deportivo de Sada

A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Mar Barcón, esixiu hoxe á Xunta que depure responsabilidades políticas pola anulación da concesión do Porto Deportivo de Sada por parte do TSXG e o Tribunal Supremo. Barcón, xunto cos deputados Francisco Cerviño e José Luis Méndez Romeu, e a portavoz socialista en Sada, Raquel Bolaño, ofreceron unha rolda de prensa para denunciar o “desastre económico e xudicial” e o “desprezo pola legalidade” do PP.

Os socialistas presentaron hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias para pedir responsabilidades políticas e aclarar qué actuacións ten previsto goberno galego para solucionar o desastre económico e xudicial que supuxo a concesión do chamado Porto Deportivo de Sada, que ven de ser anulada por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Tribunal Supremo da concesión do chamado porto deportivo de Sada

Os responsables socialistas denunciaron o “absoluto desprezo pola legalidade que viñeron demostrando dende o PP, situados á fronte de Portos de Galicia, dende época en que Emilio García Gallego”. Este fixo unha concesión “sen respectar legalidade que foi anulada en primeira instancia polo TSXG e posteriormente ratificada por unha sentenza do Supremo”.

Barcón sinalou que “si García Gallego iniciou este desastre, Carlos Negreira, na súa etapa á fronte de Portos de Galicia, non só non fixo nada por frear esta ilegalidade, senón que ademais de presentar un recurso de casación, continuou incrementando as licenzas e permisos e amparou a construción dun supermercado que hoxe conta cunha sentenza de derribo porque á ilegalidade da concesión suma unha ilegalidade urbanística”.

Apuntou que “non foi ata a anterior lexislatura cando o entón presidente de Portos, Jacinto Parga, iniciou o expediente económico e xurídico para finiquitar a concesión e avaliar o impacto económico que tería dar cumprimento á sentenza do Supremo”.

Sen embargo, explicou, a chegada do goberno do PP “devolveu esta situación ao terreo do desprezo pola ilegalidade”, porque o actual presidente de Portos, Álvarez Campana, “evitou dar cumprimento á proposta de liquidación da concesión aprobada no Consello de Administración de Portos de Galicia, paralizou esta actuación e persistiu nunha actitude de ignorar os requirimentos do Supremo”.

Barcón cualificou esta estratexia de “fuxida cara adiante” pola que Portos de Galicia decide, no pasado verán, ampliar ata o máximo as concesións administrativas existentes, “incumprindo a sentenza unha e outra vez”, ata que, o 14 de xaneiro, o TSXG emite un auto no que da 15 días para o cumprimento da mesma.

Os socialistas denunciaron hoxe o “enorme prexuízo económico e social que esta xestión irresponsable e ilegal supuxo, non só para Sada, senón para toda a comarca, tendo en conta a importancia que a chamada Mariña de Sada, ten en termos de atracción de turismo e investimentos para toda a Costa Norte”.

Comparecencia

Os socialistas galegos pediron a comparecencia no Parlamento tanto do responsable de Portos de Galicia como da Conselleira do Mar, e presentaron unha batería de preguntas sobre o impacto, económico e en número de empregos, que tivo o mantemento desta concesión ilegal, así como as actuacións que ten previsto o goberno galego para resolver unha situación “que naceu mal no 97 e que só a xustiza foi quén de frear”.

Os socialistas galegos reclamaron así mesmo responsabilidades políticas tanto ao actual presidente de Portos de Galicia, por negarse a dar cumprimento á sentenza, como a Carlos Negreira, que alimentou e incrementou unha situación que custará ao erario público por riba de 6 millóns de euros.

Sinalan que García Gallego, Carlos Negreira e Álvarez Campana son “tres exemplos de cómo o PP despreza a legalidade e cómo se pode causar un prexuízo importantísimo a un concello como Sada, ao empresariado e aos usuarios”.

Pola súa banda, Raquel Bolaño, portavoz municipal do socialistas de Sada, insistiu en que dende o Concello reclamouse “unha e outra vez” ao ente Portos de Galicia que poña fin a unha situación que está causando un enorme prexuízo social e económico, e finalizou sinalando que a intención do PP de Sada sempre foi “especular no Porto e co urbanismo de Sada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar