Os socialistas esixen “responsabilidades políticas e legais pola estafa da depuradora de Ferrol”, que recadou un millón de euros dos cidadáns “e nunca funcionou”

Os socialistas esixen “responsabilidades políticas e legais pola estafa da depuradora de Ferrol”, que recadou un millón de euros dos cidadáns “e nunca funcionou”

Os socialistas esixen “responsabilidades políticas e legais pola estafa da depuradora de Ferrol”, que recadou un millón de euros dos cidadáns “e nunca funcionou”

sestayoOs socialistas galegos esixiron hoxe no Parlamento “responsabilidades políticas e legais pola estafa da depuradora de Ferrol”, que recadou un millón de euros nun ano dos cidadáns “e nunca funcionou”. Nunha pregunta oral en comisión de Beatriz Sestayo ao director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, a deputada socialista lembrou que “falamos dun tema de enorme gravidade, unha fraude”. “O pasado 26 de agosto, nunha visita do actual grupo de goberno de Ferrol con persoal técnico á estación depuradora de augas residuais de Prioriño, comprobouse que non funcionaba e nunca funcionou”, afirmou. “A Confederación Hidrográfica entregou a Edar de Prioriño á Xunta e Augas de Galicia aceptou a entrega no verán do 2014,

para despois encomendar a súa xestión ao Concello de Ferrol e Emafesa, presidida polo ex alcalde Rey Varela”, dixo Sestayo, que lamentou “os publirreportaxes pagados con fondos públicos dunha depuradora que nunca evitou o vertido de augas residuais”. “O concello impuxo aos cidadáns unha taxa por unha depuradora na que a auga entraba por un lado e saía por outro, con instrumentos e máquinas precintadas, e laboratorios sen estrear, unha fraude”, aseverou. “Mentres, o socio privado de Emafesa, Urbaser, limítase a dicir que a taxa foi unha decisión política e que Augas de Galicia era coñecedora da situación”, engadiu. Bestariz Sestayo denuncia que “agora piden inspeccións, pero Augas de Galicia fixo a primeira visita tras a denuncia do actual grupo de goberno, e agora tamén sabemos que o contrato de subministro eléctrico negociouse con Fenosa un ano despois da suposta posta en marcha, é todo gravísimo”. “Mentres pasa todo isto, Emafesa está bloqueda polo seu socio privado e esiximos saber se o presidente da Xunta coñecía todo isto mentres publicamente eloxiaba a depuradora”, rematou Sestayo. Na súa resposta, o director de Augas de Galicia non foi quen de explicar o acontecido e limitouse a exculpar á Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar