Os socialistas esixen rebaixas "en peaxes e carburantes" para mellorar a situación do sector de transporte de mercadorías por estrada

Os socialistas esixen rebaixas "en peaxes e carburantes" para mellorar a situación do sector de transporte de mercadorías por estrada

Os socialistas esixen rebaixas "en peaxes e carburantes" para mellorar a situación do sector de transporte de mercadorías por estrada

Os socialistas galegos rexistraron no Parlamento unha serie de iniciativas para que a Xunta aplique rebaixas “en peaxes e carburantes” e outras medidas encamiñadas a mellorar a difícil situación do sector de transporte de mercadorías por estrada.

“O transporte de mercadorías por estrada non está a pasar polo seu mellor momento, aínda que segue a ter unha importancia relevante na economía galega e as súas achegas son significativas no eido do emprego e no eido empresarial”, asegura Raúl Fernández, portavoz de Infraestruturas dos socialistas.

Os transportistas galegos sempre tiveron sobrecargas estruturais que os condenaron a competir en desvantaxe, como a situación periférica de Galicia e a demora na modernización das infraestruturas viarias, pero a chegada da crise supuxo novas ameazas para o sector, cunha diminución da actividade que os afecta nunha menor carga de traballo e nunha maior rendibilidade.

A estas ameazas, hai que engadirlle decisións políticas que prexudicaron ao sector, como o pago indebido e ilegal do chamado céntimo sanitario; o incremento do 400% no ano 2014, polo Goberno galego, do chamado céntimo sanitario baixo o paraugas de legalidade con outra denominación impositiva; o custo de carburantes máis elevado que noutras comunidades autónomas; os custos de peaxe na AP-9, ou o pasotismo da administración fronte ao intrusismo.

As asociacións de transportistas amosaron en diferentes ocasións a súa preocupación polas cada vez máis difíciles condicións coas que deben afrontar o seu traballo, lamentando a falta de implicación do Goberno galego cun sector importante e en perigoso declive.

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia pedirá o apoio do resto dos grupos para que a Cámara inste á Xunta a rebaixar substancialmente o imposto sobre carburantes no tramo autonómico galego; unha rebaixa das tarifas de peaxe; a intensifación das actuacións na persecución do intrusismo; actuacións encamiñadas a súa revitalización, e, por último, que se dirixa ao Goberno do Estado para axilizar a devolución do chamado céntimo sanitario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar