O PSdeG esixe que se supriman de maneira inmediata os concertos educativos a centros que segregan por sexo ao alumnado

O PSdeG esixe que se supriman de maneira inmediata os concertos educativos a centros que segregan por sexo ao alumnado

O PSdeG esixe que se supriman de maneira inmediata os concertos educativos a centros que segregan por sexo ao alumnado

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista, Vicente Docasar, ven de presentar unha proposición non de lei na que insta á Xunta de Galicia a que suprima de maneira inmediata os concertos educativos aos centros que segregan o seu alumnado por sexo, tras a recente publicación da Orde do 9 de agosto de 2013 no Diario Oficial de Galicia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na que se aproban os concertos educativos para a etapa 2013-2017.

Dita orde, afirma Docasar, incumple claramente a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a normativa actualmente en vigor, ao insistir a Consellería en manter os concertos educativos aos centros que segregan ao alumnado por sexo, primando desta forma o ensino privado e concertado sobre o público de calidade.

O socialista denuncia a falta de responsabilidade do Goberno de Feijóo ao actuar como si xa estivese aprobada a reforma educativa de “marcado carácter ideolóxico” que intenta impulsar Wert, e recórdalle que aínda está en trámite parlamentario.

Engade ademáis, que esta medida é de unha “ilegalidade total e absoluta, froito probablemente dunha aberración ideolóxica e sectaria na que agora se introduce o Goberno Galego”, outorgando irresponsablemente os concertos a un grupo de centros fortemente vinculados aos intereses do Opus Dei.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar