Os socialistas esixen que se faga pública a suposta auditoría sobre a fusión das caixas

Os socialistas esixen que se faga pública a suposta auditoría sobre a fusión das caixas

Os socialistas esixen que se faga pública a suposta auditoría sobre a fusión das caixas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle ao Parlamento que faga pública a suposta auditoría de KPMG sobre a fusión das caixas galegas. Así o dixo logo de admitir ter examinado o documento e reprocharlle a Feijóo que “mentira” xa que “nin é unha auditoría nin llela tiña ofrecido aos grupos parlamentarios, en contra do que asegurou en varias ocasións”.

O responsable socialista presentoulle un escrito á Mesa da Comisión de Investigación para que lle “retire o carácter de reservado” que considera “inexplicable” a un documento que custou un millón de euros dos orzamentos públicos para amparar a “gran mentira” sobre a fusión de Feijóo e a entón conselleira de Facenda e hoxe secretaria de Estado de Facenda, Marta Fernández Currás.

Losada sinalou que a citada auditoría en realidade “non existe” xa que o documento pagado a KPMG é unha “diagnose acelerada sobre a viabilidade da fusión de Caixa Galicia e Caixanova”, tal e como reza no seu título. Acusou a Feijóo de “mentir” sobre este documento, así como cando dixo que llelo tiña amosado aos portavoces parlamentarios, aos que, subliñou, “amosoulles un power-point resumo, nunca o documento”.

Acusou ao presidente da Xunta de tentar de xustificar a toda costa un proceso de fusión que “acabou cun banco nacionalizado con 9.000 millóns de euros de fondos públicos do FROB, coa fraude aos preferentistas, os seus traballadores no paro, concellos galegos en situación de exclusión financeira, sen crédito para pemes e familias e coa obra social desintegrada”.

Subliñou que o carácter reservado desta documentación é insostible xa que, de acordo co informe xurídico que fundamenta a decisión, esta se ampara no carácter sensible sobre datos particulares ou o impacto nas actuacións financeiras da entidade. Losada explicou que o documento non inclúe datos particulares e que as entidades xa non existen, polo que a súa situación financeira non pode verse afectada.

Ademais, criticou o “vodevil” que o PP quere organizar en torno a esta Comisión logo de que hoxe, malia ter carácter de “reservado”, os deputados deste grupo parlamentario accederan á sala acompañados dos medios de comunicación. Losada anunciou unha protesta formal diante da presidenta da Cámara para denunciar a utilización política da Comisión por parte do PP a costa da calidade democrática de Galicia.

Marcial Dorado

O portavoz socialista levará á Xunta de Portavoces que se celebra mañá a solicitude de amparo á presidenta da Cámara diante da negativa da Xunta a remitirlle ao Parlamento os contratos do Goberno galego coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado. Desta vez, a protesta irá acompañada, explicou Losada, da solicitude de comparecencia urxente do presidente da Xunta para dar conta destes contratos no Pleno.

Losada criticou a “estratexia de menosprezo ao Parlamento” por “supeditalo aos intereses do executivo” entorpecendo deliberadamente o traballo dos deputados da oposición. Acusou ao goberno galego de tentar de “tapar as vergoñas dun goberno inoperante e incompetente só defendido cunha abrumadora presenza mediática controlada, nunca con datos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar