Os socialistas esixen “políticas activas con orzamentos claros para facilitar a mobilidade de terras, algo que non se fai con só con lexislación”

Os socialistas esixen “políticas activas con orzamentos claros para facilitar a mobilidade de terras, algo que non se fai con só con lexislación”

Os socialistas esixen “políticas activas con orzamentos claros para facilitar a mobilidade de terras, algo que non se fai con só con lexislación”

Pablo GarcíaO portavoz de Agricultura dos socialistas galegos, Pablo García, demandou hoxe no pleno de Parlamento “políticas activas con orzamentos claros” para aproveitar “as posibilidades produtivas” do sector primario, “unha cuestión de país en Galicia”.

No debate de totalidade do proxecto de lei de mellora de estrutura territorial, o deputado socialista lembrou que “en Galicia hai agora mesmo 1,6 millóns de titulares de fincas rústicas, cunha media de 1,7 hectáreas en oito parcelas por propietario”. “Estamos ante un traballo duro e complicado que demanda medidas efectivas para o aproveitamento da terra e temos que facelo cunha visión conxunta do territorio”, advertiu.

García criticou que “un de cada cinco euros do orzamento da consellería vaian a apagar lumes”, e pediu á Xunta do PP “que mime aos agricultores e gandeiros, algo que temos que facer desde varios puntos de vista, loitando contra o abandono dunha forma seria”.

Despois de seis anos anunciando esta lei, “o texto que hoxe chega o Parlamento é unha simple modificación da lei de concentración parcelaria, cando o problema e moito máis amplo”, aseverou.

García criticou o mensaxe lanzado pola conselleira e polo presidente da Xunta, “xa que esta modificación non engade nada novo, só modifica un pequeno aspecto do problema e polo tanto será unha nova frustración”, feito polo cal o PSdeG pediu a devolución e a reforma do texto presentado.

As medidas que o presidente Núñez Feijóo repite en todos os actos, “das opcións dos propietarios a traballar as fincas, arrendalas ou entregalas o Banco de Terras”, xa estaba recollida tal cal na Lei de Mobilidade de Terras aprobada no ano 2007.

“De feito esta nova lei nese aspecto se remite na totalidade o aprobado entonces de forma expresa, e xa vemos o resultado que dou ata o día de hoxe”, engadiu García, que lamentou que Feijóo tardara en lela seis anos, “pero non pode tardar seis anos en traer unha lei que o que veña a dicir é algo que xa estaba noutra e que nunca se aplicou”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar