Os socialistas esixen o saneamento integral da ría de Pontevedra antes de que remate 2015 e “unha solución” para a depuración dos concellos que verten nela

Os socialistas esixen o saneamento integral da ría de Pontevedra antes de que remate 2015 e “unha solución” para a depuración dos concellos que verten nela

Os socialistas esixen o saneamento integral da ría de Pontevedra antes de que remate 2015 e “unha solución” para a depuración dos concellos que verten nela

patrcia vilanA portavoz de Medio Ambiente dos socialistas galegos, Patricia Vilán, esixiu hoxe no pleno do Parlamento que a Xunta “proceda antes de que remate o ano 2015 ao saneamento integral da ría de Pontevedra”, ademais de buscar “unha solución” para a depuración dos concellos que verten nela.
Na presentación dunha proposición non de lei, Vilán lembrou o anuncio do mes pasado, por parte da Comisión Europea, dunha denuncia a España, e polo tanto a Galicia, ante o Tribunal de Xustiza da UE por “non existir garantía do bo tratamento das augas residuais urbáns en zonas de Galicia, entre as que se atopa o eixo Pontevedra-Poio-Marín-Bueu, con risco para a saúde pública”.
“Esta noticia é a consecuencia destes seis últimos anos de goberno do PP en Galicia, xa que no 2009 había un goberno presidido por un socialista e todas as depuradoras planificadas en Galicia estaban licitadas, agás dúas, a de Poio-Sanxenxo (Pontevedra) e a de Ribeira (A Coruña)”, manifestou.
En opinión do PSdeG, “co PP chegaron as sancións, xa que en abril de 2011 e en outubro de 2013 o Tribunal de Xustiza da UE sancionou a España polos seus incumprimentos en Galicia, e agora vai vir unha terceira”.
Desde 2001, a ría de Pontevedra está declarada zona sensible por Augas de Galicia, “e cando en febreiro de 2013 varios eurodeputados do Parlamento europeo viñeron a Galicia, concluíron que as zonas nas nosas rías que aínda son moi produtivas están en grave perigo se non se toman medidas”.
“Os socialistas preguntámonos, nestes seis anos de goberno dese gran xestor que é Feijóo, que se fixo en depuración e a onde foron os fondos da UE destinados á mellora da calidade das augas?”, preguntouse Vilán, que engadiu que “os socialistas estamos preocupados e por iso temos presentado esta proposición non de lei pola vía de urxencia, non so polas posibles sancións, senón porque a saúde pública dos cidadáns non está garantida”.
No seu turno de réplica, Vilán demandou unha solución para “o Edar de Preceres e unha nova depuradora para Poio-Sanxenxo”, esixindo “responsabilidades e medidas” por parte do PP, que rexeitou a proposición.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar