Os socialistas esixen o rescate da concesión do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo “para que esté ao servizo do interese xeral”

Os socialistas esixen o rescate da concesión do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo “para que esté ao servizo do interese xeral”

Os socialistas esixen o rescate da concesión do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo “para que esté ao servizo do interese xeral”

Abel-LosadaOs socialistas galegos demandaron hoxe no pleno do Parlamento de Galicia o rescate da concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, “co obxectivo de que esté ao servizo do interese xeral”.

Na defensa dunha proposición non de lei rexeitada polo PP, o portavoz de Industria do PSdeG, Abel Losada, lembrou que “falamos dun hospital privado como así consta no rexistro mercantil, co nome de Sociedade concesionaria do novo hospital de Vigo SA”.

O socialista amosou a súa sorpresa pola abstención de AGE, “na medida en que esta iniciativa non era contradictoria coas iniciativas defendidas por esta formación, que sitúa os matices como o centro dun debate que debería de ser máis amplo no ámbito da esquerda”.

“O capital está repartido entre varias empresas, como Acciona, Ernst&Young ou Puentes e Calzadas, pero ademáis as condicións da concesión inicial xa non existen como tal, xa que figuraban varias caixas de aforros que xa non teñen actividade”, afirmou Losada.

O deputado socialista asegurou que a concesión “incumpre varios marcos lexislativos e vai contra o interese xeral; incumpre a Lei de Contratos Públicos e a Lei de disciplina orzamentaria; en Vigo xa temos dúas empresas con demanda cautiva na sanidade, Povisa e o novo hospital”.

“Falamos dun proxecto fallido do que só se benefician varias empresas privadas”, engadiu, á marxe de lembrar que “a Xunta avalou un crédito de 180 millóns de euros ante o Banco Europeo de Investimentos para que a concesionaria puidera rematar as obras, tras un ano e medio de paralización”.

“Galicia debe recuperar ese hospital e deixar atrás a ideoloxía e o negocio, os beneficios empresarias teñen un CIF e aquí o único que temos é unha campaña publicitaria sen precedentes para mostrar a Núñez Feijóo como un bo xestor”, rematou Losada.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar