Os socialistas esixen o cumprimento dos servizos dos bombeiros da concesionaria Celta Prix

Os socialistas esixen o cumprimento dos servizos dos bombeiros da concesionaria Celta Prix

Os socialistas esixen o cumprimento dos servizos dos bombeiros da concesionaria Celta Prix

O Portavoz de Interior e Emerxencias no Parlamento de Galicia, Juan Carlos Francisco Rivera, interveu hoxe na Comisión 1ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre as medidas que pensa adoptar a Xunta para garantir a debida prestación do servicio público diante do concurso de acredores solicitado pola concesionaria Celta Prix. Dixo que a situación laboral da empresa compromete a estabilidade laboral dos traballadores do parque de bombeiros.

O deputado socialista esixe o cumprimento dos servicios dos bombeiros da empresa Celta Prix, ante o remate do contrato, e a garantía do pago das nóminas aos traballadores. Ademais reclama á Xunta que se opoña a calquera proposta de convenio que prevea a extinción colectiva de postos de traballo ou un ERE, aínda que coñece o procedemento concursal non depende da Xunta.

E insistiu nas súas criticas e preguntou “si os trabal

ladores teñen garantido o seu salario ata o mes de agosto, e si a empresa concesionaria non vai ser liquidada antes deste mes, ou mesmo si a empresa ten pensado modificar o convenio laboral co fin de deixar os traballadores na rúa”, espetou.

Juan Carlos Francisco Rivera advirte que a solicitude de concurso de acreedores reflexa unha situación de insolvencia patrimonial da empresa adxudicataria pode derivar nun futuro en problemas laborais cos traballadores, “e por tanto na axeitada prestación do servizo público de atención as emerxencias nas comarcas de Porriño, Salnés e Morrazo”.

Concurso de acredores

Sinala que “a declaración de concurso de acredores non é precisamente o mellor escenario para a estabilidade na prestación dun servizo de emerxencias tan importante para a sociedade, máxime cando esa declaración de concurso resulta de problemas que teñen que ver con outras ramas de actividade da empresa concesionaria”, replicou.

O deputado cuestionou os criterios empregados pola Xunta de Galicia para adxudicar a xestión dos parques de bombeiros a determinadas empresas, e acusou ao Goberno de Feijoo “de ser o corresponsable do que está sucedendo nesta empresa”. Por iso demandou a Xunta que “se involucre nunha solución inmediata”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar