Os socialistas esixen o compromiso do PP para aprobar no Congreso con celeridade a Lei de Apoio aos Estafados polas Preferentes

Os socialistas esixen o compromiso do PP para aprobar no Congreso con celeridade a Lei de Apoio aos Estafados polas Preferentes

Os socialistas esixen o compromiso do PP para aprobar no Congreso con celeridade a Lei de Apoio aos Estafados polas Preferentes

Carmen Gallego sinala que a Lei aprobada hoxe no Parlamento, que deberá ser tramitada no Congreso, insta a “recoñecer a estafa aos estafados”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiu hoxe o compromiso do PP para aprobar no Congreso e coa máxima celeridade a reforma da Lei de reestruturación das entidades de crédito. Esta reforma da Lei foi aprobada hoxe polo Pleno do Parlamento de Galicia e polo tanto será remitida ás Cortes.

A deputada socialista advertiu que “non se entende que dunha banda estean dando mensaxes dende o PP galego e da Xunta de que queren apoiar ás vítimas dunha estafa cando o Frob, dependente do Banco de España e polo tanto do Goberno do PP, está recorrendo dende xaneiro as sentenzas xudiciais que lle dan a razón ás vítimas”.

Instou ao PP a que “non só sexa un apoio unánime para quedar ben coas vítimas”, e engadiu que “debera ser un apoio unánime aquí e no Congreso” para “recoñecer a estafa aos estafados” e que poidan recuperar os seus aforros.

Gallego comprometeu o apoio do PSOE para aprobar esta Lei tamén no Congreso e lembrou que os socialistas presentaron un recurso de inconstitucionalidade, que aínda non está resolto, para “amparar ás vítimas e darlles unha saída”.

38.000 galegos atrapados

Lembrou que actualmente hai mais de 38.000 galegos e galegas con mais de 500 millóns de euros dos seus aforros atrapados nesta estafa dende hai tres anos e, dixo, “de nada servirá aprobar algo aquí si logo non nos comprometemos a que siga un trámite áxil no Congreso e llelo aproben alí tamén”.

Criticou a xestión do PP diante desta estafa logo de ter pechado unilateralmente o proceso de arbitraxe no verán pasado, nunha “decisión política nunca explicada”. Ademais, advertiu que, malia que na venda precipitada de NGB á entidade venezolana Banesco, a nova dirección asumira o compromiso de resolver a situación en 90 días, “hoxe sabemos que están adiando a solución cando menos ata o mes de maio”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar