Os socialistas esixen o compromiso da Xunta cos 170 traballadores afectados polo peche de T-Solar

Os socialistas esixen o compromiso da Xunta cos 170 traballadores afectados polo peche de T-Solar

Os socialistas esixen o compromiso da Xunta cos 170 traballadores afectados polo peche de T-Solar

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, esixiu no Pleno do Parlamento o compromiso da Xunta cos 170 traballadores afectados polo peche de T-solar, en Ourense. Así o dixo nunha pregunta oral que tivo lugar hoxe no Pleno do Parlamento sobre a situación da segunda maior fábrica de paneis solares de España.

A parlamentaria ourensá criticou a falla absoluta de iniciativas da Xunta para evitar o peche de T-Solar e o despido dos 170 traballadores. Lamentou o desleixo do goberno galego malia o compromiso do conselleiro de Industria para apoiar aos traballadores dunha empresa que ten percibido mais de 65 millóns de euros entre subvencións préstamos das administracións e das caixas de aforro rescatadas con diñeiro público.

Quintas sinala que a inacción do goberno galego ten provocado un “brutal mazazo” para o mercado laboral da provincia logo de longos meses de negociación e tras tres expedientes reguladores temporais de emprego consecutivos, que deixaron aos traballadores “cun futuro incerto”. Reclamoulle así ao conselleiro que explicara as conversas co grupo Isolux, propietario da factoría, para acadar unha resposta válida para os traballadores.

Advirte que ten sido precisamente o goberno de Rajoy o que deu “a estocada final” coa súa decisión de eliminar as primas ás industrias renovables, deixando esta factoría á intemperie e provocando un burato de 61 millóns de euros nas súas contas, “inasumible, segundo Isolux Corsán, que posúe o 88 pro cento da empresa.

Retroceso e abandono

A parlamentaria socialista criticou que a falla de iniciativa do goberno galego ten provocado o “grave retroceso e abandono” de Ourense, que está a ver cómo cada mes van ao paro 200 ourensáns, e conta xa con 35.000 parados e paradas e que suma 113 EREs –un novo cada dous días-.

Advertiu que dende que o PP goberna hai “mai paro, mais EREs, mais emigración menos industria, menos investimentos, menos prestacións, menos pensións, menos ingresos, menos servizos públicos e menos poboación”. Así, esta provincia conta cunha poboación ocupada de 108.200 persoas para 109.098 pensionistas, mentres cada mes perde 100 habitantes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar