Os socialistas esixen o compromiso da Xunta contra a segregación de Ferroatlántica

Os socialistas esixen o compromiso da Xunta contra a segregación de Ferroatlántica

Os socialistas esixen o compromiso da Xunta contra a segregación de Ferroatlántica

A deputada socialista da Costa da Morte, Loli Toja, reclamou hoxe un pronunciamento claro da Xunta en contra da segregación das hidroeléctricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría. No debate dunha pregunta oral na sesión de control no Pleno do Parlamento, reclamou “unha resposta clara a unha pregunta clara: digan se van adoptar medidas para evitar a segregación”.

A deputada socialista aludiu aos traballadores pechados no Concello de Cee pola falla de resposta do goberno galego, ao que acusou de escudarse na suposta falla de comunicación da empresa sobre a dita segregación. Dixo que “se está tan claro, a qué veu a iniciativa do PP neste Pleno, a qué tanto pedir informes técnicos e xurídicos sobre algo inexistente, non vaia ser que queiran cambiar as condicións da concesión”.

A dita concesión, dixo, ten prohibida a segregación, unha decisión que “pasou de non ser importante a agora si” e reclamou “cando van saldar a débeda histórica coa Costa da Morte”. Sinalou que logo de ter aproveitado os terreos e os recursos naturais “os investimentos prometidos para a comarca por parte da empresa nunca chegaron”.

Advertiu que a perda de Ferroatlántica suporía “a ruína económica e demográfica” para unha comarca cun 20 por cento de desemprego e que está a ver a cara máis dura da sangría demográfica e da destrución de servizos públicos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar