Os socialistas esixen o AVE en 2015

Os socialistas esixen o AVE en 2015

Os socialistas esixen o AVE en 2015

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López, ven de esixir nunha moción defendida hoxe en Pleno, que se cumpra o Pacto de Obradoiro, asinado o ano 2009 entre o presidente da Xunta e o anterior ministro de Fomento, cunha data de finalización da Alta Velocidade para Galicia, concreta e precisa: a finais de 2015.

Reprocha ao Presidente Feijóo o silencio que mantén ultimamente sobre este asunto, “e sobre calquera outro, como os relacionados co alcalde de Santiago, parece que logo da Coresma, estea facendo a procesión dos caladiños”, ironizou. Un silencio que contrasta coa marcaxe, e as reivindicacións constantes ao anterior goberno do Estado. 

O parlamentario socialista encadra as declaracións do Goberno galego adiando a chegada da Alta Velocidade a Galicia nun “pesimismo preventivo” nun acto de “axeonllarse ante Rajoy” e de “complicidade inaudita do PP”, onde “fan primar os intereses partidarios dos populares sobre o interese xeral” de Galicia.

Lamenta López Vidal que se reproduzan as inquedanzas do pasado, cando coincidiron oito anos de goberno do PP en Galicia e España e supuxo oito anos de atraso do AVE. Agora “Feijóo e outros corifeos que o acompañan preparan o terreo” para servir “en bandexa de prata” tres anos de prazo a Mariano Rajoy e a Ana Pastor.

PRESUPOSTOS XERAIS DA MENTIRA ELECTORALISTA    

“O caldo da grande mentira colectiva xa está preparado”, dixo López Vidal. Pero, aínda así, os socialistas cren que “é posible chegar”, que se pode manter a data do 2015.

Para isto, “hai que querer”, asegura. López Vidal considera necesario manter o investimento “que había durante o Goberno socialista”, e que cifra en 650 millóns de euros/ano. “650 millóns de euros reais” insite López Vidal, e “non pintados nun papel”, en alusión aos Presupostos Xerais do Estado presentados polo Goberno de Rajoy.

O deputado ourensán cualificou estes orzamentos de “moita trampa, moito engano e moita mentira”. Hai un anuncio de investimento do Ministerio de Fomento de 1.217,39 M€ en actuacións ferroviarias en Galicia. “Nada que dicir, porque o papel aguanta todo” dixo. Pero, se rañamos no papel “parecen as sombras, as dúbidas e a enxeñería contable”, acusa López Vidal.

“Non hai ningunha obra nova”, denuncia, “todo é continuar coa folla de ruta que lles deixamos os socialistas”, dixo. Pero si que hai retrasos considerables nesa folla de ruta porque non se fixeron as licitacións que estaban marcadas no cadro da Comisión de Seguimento deseñado polo anterior Goberno socialista.

Adxudicaron fai pouco tempo o licitado polo goberno anterior, “os populares viven de renda do que lles deixamos os socialistas”, afirma López Vidal: 318, 7M€ de Requejo – Padornelo; 108,8M€ de Padornelo- Lubián e 701,7M€ de Olmedo-Pedralba máis Puebla de Sanabria – Ourense. A única licitación, “a única medalla”, da ministra Pastor son os 77,3 M€ de Urzáiz-Soutomaior.

Pregúntase o deputado socialista se será capaz o Goberno de gastar o orzamentado. Refírese López Vidal ao feito de que só se destinan tan só 120 millóns de euros para o tramo mellor preparado para avanzar, que son os 216 Km de Olmedo – Zamora – Lubián. Por outra banda, se presupostan  700 millóns de euros para Lubián – Ourense, cando “saben que son imposibles de executar”.

“Non podemos permitir que se engane aos galegos e ás galegas” consignando partidas electoralistas que son inexecutables, recrimina o deputado socialista aos populares. Para López Vidal os Presupostos son “electoralistas” porque se destina unha maior partida a un tramo como Puebla de Sanabria – Ourense, que non ten nin proxecto construtivo porque “tivemos que cambiar o que vostedes nos deixaron”.

Desde Lubián – Ourense os socialistas tiveron que modificar a vía única e deixar deseñados dous túneles electrificados no Padornelo. Por iso é o tramo con máis atraso. Pero é aí onde se produce o maior investimento, os 700 millóns de euros. Non hai proxecto rematado e polo tanto non se van poder investir, afirma López Vidal.  Sen embargo se poden investir “700 e 700 millóns máis nos 216km de Olmedo- Lubián. O que iría achegando a Galicia a cumprir coa chegada a Madrid en 3 horas en 2015. Obxectivo irrenunciable para os socialistas.

ATRASO NO TREN HÍBRIDO

O deputado socialista tamén reprochou aos populares o retraso do Goberno de Rajoy da posta en funcionamento dun tren híbrido (diésel e eléctrico) “que mandou facer un ministro socialista e que tiña que entrar en funcionamento no recorrido A Coruña – Santiago – Ourense - Madrid neste mes de marzo, e estamos no mes de abril, gobernando o PP e seguimos indo no Talgo pendular”.

http://www.fasthomeworkk.com/

Sinala isto como a “a gran diferenza”. Para López Vidal os Presupostos “son un fraude como o pago do IVE do Alcalde de Santiago, que el quería pagar pero di que se esqueceu”

zp8497586rq
zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar