Os socialistas esixen no Parlamento que a Xunta “axilice os trámites” do informe de Patrimonio necesario para a aprobación do PXOM de Vilaboa

Os socialistas esixen no Parlamento que a Xunta “axilice os trámites” do informe de Patrimonio necesario para a aprobación do PXOM de Vilaboa

Os socialistas esixen no Parlamento que a Xunta “axilice os trámites” do informe de Patrimonio necesario para a aprobación do PXOM de Vilaboa

Carmen GallegoOs socialistas galegos demandaron hoxe no Parlamento que a Xunta “axilice os trámites” para a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilaboa, cunha tramitación iniciada no ano 2002.
Tras recibir un informe de Patrimonio desfavorable en novembro do ano 2013, o Concello de Vilaboa pediulle á Xunta que lle concretase os criterios aos que debía axustarse, pero a Consellería de Cultura tardou catorce meses en dar unha resposta, que chegou o mes pasado acompañada dunhas desculpas pola demora.
“O concello iniciou a tramitación do plan xeral no 2002 e a emisión do último informe necesario, o de Patrimonio, leva un retraso acumulado de máis dun ano e medio”, asegurou hoxe en comisión a viceportavoz do PSdeG na Cámara, Carmen Gallego.
Na súa comparecencia, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, non quixo recoñecer nunha primeira intervención o retraso, aínda que na réplica explicou que a resposta ao requerimento do Concello chegou en xaneiro de 2015, trece meses despois da solicitude e tras a denuncia feita pública no pasado decembro polo grupo parlamentario socialista.
“Doce anos para ordenar o urbanismo dun concello pequeno, de pouco máis de 6.000 habitantes, é a mostra máis evidente do que ten acontecido coas normas de ordenación do territorio en Galicia”, sostén Gallego, “e trece anos nos que se produciron dez cambios na lexislación autonómica que impactaron na redacción deste planeamento, retrasando en moitas ocasións a súa implementación e facendo incrementar os custos da súa redacción”.
A deputada socialista afirmou que “a pesares dos avances durante o Goberno de Touriño, cando se puxeron en marcha axudas aos concellos para redactar os seus plans xerais, na actualidade o urbanismo segue sendo unha asignatura pendente da que o PP só se lembra cando se achegan as eleccións municipais”.
“Os socialistas en Vilaboa sempre estivemos a favor de sacar adiante o plan xeral, para ordenar o concello e para xerar oportunidades, para facer que Vilaboa siga sendo un lugar con servizos e instalacións acordes co que demanda a cidadanía, e afortunadamente na actualidade todos os grupos municipais representados no Concello de Vilaboa o ven así”, apunta Gallego.
“O Goberno de Núñez Feijoo é o único que pon atrancos a que este plan xeral poida aprobarse, e é súa a responsabilidade de que en Vilaboa nos vindeiros meses se poidan dar situacións que non queremos pola súa tardanza en entregar o único informe pendente de Patrimonio, por culpa do cal a partir do 28 de decembro pasado volven a estar vixentes en Vilaboa as normas subsidiarias do ano 1988”, engade a viceportavoz do PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar