OS SOCIALISTAS ESIXEN NO PARLAMENTO “O SANEAMENTO INTEGRAL” DA RÍA DE AROUSA E “SOLUCIÓNS URXENTES” PARA A DEPURACIÓN DOS CONCELLOS QUE VERTEN Á MESMA

OS SOCIALISTAS ESIXEN NO PARLAMENTO “O SANEAMENTO INTEGRAL” DA RÍA DE AROUSA E “SOLUCIÓNS URXENTES” PARA A DEPURACIÓN DOS CONCELLOS QUE VERTEN Á MESMA

OS SOCIALISTAS ESIXEN NO PARLAMENTO “O SANEAMENTO INTEGRAL” DA RÍA DE AROUSA E “SOLUCIÓNS URXENTES” PARA A DEPURACIÓN DOS CONCELLOS QUE VERTEN Á MESMA

Os socialistas galegos demandaron hoxe no pleno do Parlamento “o saneamento integral” da ría de Arousa e “solucións urxentes” para a depuración dos concellos que verten á mesma.

Nunha pregunta oral á conselleira Beatriz Mato, a portavoz de Medio Ambiente do PSdeG, Patricia Vilán, lembrou as sancións da UE e a visita de varios eurodeputados a Galicia en 2013 “para controlar a depuración e a contaminación das rías galegas, concluíndo que as zonas nas nosas rías que aínda son moi produtivas están en grave perigo se non se toman medidas”.

“Na ría de Arousa, os profesionais do marisqueo levan anos nunha situación dramática propiciada pola caída de capturas nos bancos de libre marisqueo; cómpren medidas concretas e excepcionais para afrontar esta situación, porque o sector está ao límite e posiblemente falemos de futuras campañas estragadas pola falla de medidas por parte do seu Goberno”, manifestou.

“A única resposta sempre é un compromiso que nunca chega a materializarse: nin dragados, nin sementeiras, nin actuacións contra os depredadores, nin novos estudos que tiren algunha consecuencia sobre as causas de mortalidade dos bivalvos e como actuar contra delas”, apuntou Vilán.

En Cambados e Carril, as zonas de extracción de berberecho e ameixa que teñen maior incidencia económica nas Rías Baixas, a opinión das persoas do mar é que a produción “ten caído en picado”.

“O goberno é quen debe poñer os medios para analizar a situación, determinar os factores que inflúen na mesma e adoptar medidas correctoras inmediatas”, rematou a socialista, aínda que na súa resposta a conselleira non comprometeu actuacións a curto prazo por parte da Xunta, nin contestou sobre a situación medioambiental da ría de Arousa.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar