OS SOCIALISTAS ESIXEN NO CONGRESO DOS DEPUTADOS “XULGADOS ESPECÍFICOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO” NAS CIDADES GALEGAS QUE CARECEN DELES

OS SOCIALISTAS ESIXEN NO CONGRESO DOS DEPUTADOS “XULGADOS ESPECÍFICOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO” NAS CIDADES GALEGAS QUE CARECEN DELES

OS SOCIALISTAS ESIXEN NO CONGRESO DOS DEPUTADOS “XULGADOS ESPECÍFICOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO” NAS CIDADES GALEGAS QUE CARECEN DELES

Os deputados do PSdeG no Congreso presentaron unha proposición non de lei na que demandan a creación, no ano 2017, de “xulgados específicos de violencia de xénero” nas ciudades galegas que carecen deles.

No día contra a violencia machista, a presidenta da comisión de Igualdade no Congreso, Pilar Cancela, lembra que só hai xulgados específicos en Vigo e A Coruña, ambos postos en marcha con gobernos socialistas no executivo central e na Xunta no ano 2007.

“O resto das cidades necesitan xulgados de violencia de xénero, persoal especializado e reformas nas instalacións xudiciais para evitar o cruce entre agresores e vítimas”, apunta Cancela. “Fumos pioneiros na loita contra esta lacra coa Lei do 2004, pero as partidas orzamentarias menguaron co Partido Popular e agora son necesarias medidas urxentes”, sostén.

Nun acto celebrado en Lugo, manifestou que “hoxe é un día de tristura, os que temos responsabilidades temos que actuar e se hai un partido comprometido para rematar con esta lacra, é o PSOE; pasemos das palabras aos feitos, temos que reivindicar máis medios”.

Á marxe de xulgados específicos, a proposición non de lei dos socialistas galegos demanda “o Acompañamento Xudicial Personalizado, para facer accesible a información ás mulleres vítimas de violencia de xénero sobre o itinerario e procedemento máis seguro no seu recorrido xudicial, desde a presentación da denuncia ata o final do proceso”.

No primeiro semestre do ano, o número de denuncias con respecto ao mesmo periodo de 2015 medrou en Galicia un 5,9% (1.389 fronte a 1.312). “A loita contra a violencia machista precisa de actuacións integrais e transversais, non poden continuar os recortes en materia de prevención”, rematou Cancela.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar