Os socialistas esixen “medidas urxentes para reducir a siniestralidade no mar” e consideran “irresponsable” a postura da Xunta

Os socialistas esixen “medidas urxentes para reducir a siniestralidade no mar” e consideran “irresponsable” a postura da Xunta

Os socialistas esixen “medidas urxentes para reducir a siniestralidade no mar” e consideran “irresponsable” a postura da Xunta

Pesca_Flota_BarcosOs socialistas galegos demandaron hoxe no pleno do Parlamento “medidas urxentes” para reducir a siniestralidade dos traballadores do mar. “É un dos puntos negros do sector e a actitude da Xunta é irresponsable”, afirmou o portavoz de Pesca dos socialistas galegos, José Ramón Val.

O responsable socialista preguntoulle ao PP “si considera que as medidas actuais son suficientes con 23 falecidos no ano pasado” e criticou que “considere que non son motivo para tentar de facer algo”. “Aínda que a pesca galega perdeu 5.000 cotizantes desde 2009, temos 4.500 embarcacións nos portos galegos que merecen seguridade e prevención”, dixo Val.

O deputado do PSdeG defendeu unha proposición non de lei, rexeitada polo PP, e manifestou que “o seguro de mal tempo era unha ferramenta indispensable que ao Partido Popular non lle interesa, e o decreto 130/2012 abre a porta a cobrar taxas en casos de accidente marítimo”

Val criticou a “posición defensiva” do Partido Popular, que “fai caso omiso do que propoñemos cando non intentamos acadar rédito político, non somos como o PP que utilizaba os accidentes no mar para pedir o cese da conselleira socialista”. “O que teñen que facer é dar pasos adiante e non permanecer sentados en San Caetano”, engadiu.

O representante do PSdeG lembrou que o Decreto 963/2013 que fixa as tripulacións mínimas permite que un buque saia a mareas de quince días sen relevo na ponte e na sala de máquinas, obrigando a mariñeiros sen titulación a cubrir os descansos de persoal especializado. Por este motivo, Val pediu a derrogación do texto.

O parlamentario socialista reclámalle ao goberno galego que utilice o novo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca para promover a instalación de dispositivos de localización individual para os mariñeiros e de flotabilidade para os buques ou para recuperar o seguro colectivo de accidentes no mar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar