Os socialistas esixen medidas para incentivar os contratos a tempo completo e alertan do aumento dos contratos temporais

Os socialistas esixen medidas para incentivar os contratos a tempo completo e alertan do aumento dos contratos temporais

Os socialistas esixen medidas para incentivar os contratos a tempo completo e alertan do aumento dos contratos temporais

O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica nas que reclama explicacións á Consellería de Traballo sobre a evolución dos contratos temporais asinados en Galicia durante o ano 2011.

Miguel Angel Fernández asegura que nun estudio, realizado por unha das centrais sindicais de maior representatividade na nosa comunidade, sinalase que o 12,9% dos máis de 671.449 contratos asinados no ano 2011 en Galicia,

foron por un período de 15 días, e o 36% deses contratos o foi por menos de 1 mes.

Nese senso advirte que en Galicia, durante o pasado ano 2011, houbo un total de 209.700 persoas asalariadas con contrato temporal, “o que significa unha media de 2,9 contratos por traballador”. Explica que as cifras sinalan que os contratos “para as persoas ocupadas a tempo completo descenderon un 2,2%”, e as contratadas a tempo parcial “subiron un 2,8%”.

Por todo isto o deputado quere coñecer “como valora a Consellaría de Traballo os datos deste estudio publicado por unha das centrais sindicais galegas?. Si considera que estes datos reflicten unha boa evolución da política contractual na nosa comunidade?. E por ultimo que medidas ten previstas tomar o Goberno galego para intentar corrixir esta evolución negativa na política contractual que se esta a producir en Galicia?.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar