Os socialistas esixen máis recursos para o Intecmar co obxectivo “de evitar a chegada ao mercado de produtos non aptos para o consumo”

Os socialistas esixen máis recursos para o Intecmar co obxectivo “de evitar a chegada ao mercado de produtos non aptos para o consumo”

Os socialistas esixen máis recursos para o Intecmar co obxectivo “de evitar a chegada ao mercado de produtos non aptos para o consumo”

bateas-de-mejillones-en-la-ría-de-Vigo.-Foto-de-FlickrO portavoz de Pesca dos socialistas galegos, José Ramón Val, demandou hoxe no Parlamento a dotación dun maior número de recursos para o Intecmar, co obxectivo “de evitar a chegada ao mercado de produtos non aptos para o mercado”.

Nunha proposición non de lei, Val lembrou que a finais de 2013 chegaron ao mercado 6.000 quilogramos de berberechos da ría de Noia sen as condicións sanitarias esixibles, “unha situación da que tivemos coñecemento por unha actuación do Servizo de Gardacostas”.

Os socialistas defenden a profesionalidade dos traballadores do Intecmar, pero consideran que a Xunta debe incrementar os seus recursos. “Non é unha situación nova, todos os grupos da oposición levamos tempo dicindo que non funciona ben”, afirma o deputado socialista.

“A seguridade alimentaria debe ser unha prioridade para o Goberno galego”, asegurou o portavoz de Pesca socialista, pero o Partido Popular votou en contra da proposición.

Na mesma comisión, Val presentou outra proposición non de lei, tamén rexeitada polo PP, na que solicitaba “axudas para os mariscadores de Arousa que sofren o descenso na produción do berberecho” e “medidas para averiguar cal é o problema que provoca este descenso”.

Os datos reflicten que na Confraría de Carril pasouse de recoller 442.339 kilogramos no ano 2011, cun valor en primeira venda por riba dos 2 millóns de euros, a tan só 100.000 kilogramos no pasado ano 2013 cun valor de escasamente 300.000 euros. “O descenso é alarmante e a Xunta non fai nada”, engadiu o deputado socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar