Os socialistas esixen máis persoal na Xunta para avaliar os expedientes da risga e advirten de que o gasto en políticas sociais baixou en 4.016 millóns desde 2009

Os socialistas esixen máis persoal na Xunta para avaliar os expedientes da risga e advirten de que o gasto en políticas sociais baixou en 4.016 millóns desde 2009

Os socialistas esixen máis persoal na Xunta para avaliar os expedientes da risga e advirten de que o gasto en políticas sociais baixou en 4.016 millóns desde 2009

A viceportavoz dos socialistas no Parlamento, Carmen Gallego, esixiu hoxe no pleno que a Xunta repoña os medios humanos e materiais existentes nos servizos sociais galegos antes do ano 2009.

“O debate sobre a pobreza e o incremento da exclusión social molesta ao Goberno de Feijóo, non queren falar dos recurtes e do sufrimento das persoas”, afirmou a deputada socialista, que lembrou que o gasto en políticas sociais baixou en 4.016 millóns de euros desde a chegada do PP á Xunta.

“Nas tramitacións da renda de inclusión social de Galicia, hai moitas menos persoas para avaliar expedientes, polo que demandamos que se repoñan os traballadores de servizos sociais na Consellería de Traballo e Benestar”, afirmou Gallego na presentación dunha moción do PSdeG rexeitada polo PP. A Xunta destina á Risga 42 millóns de euros ao ano, un 60% menos que en comunidades autónomas como Asturias.

“Hai retrasos nas tramitacións da Risga, a Xunta non cumpriu o acordo unánime desta Cámara polo que se comprometía a solucionar todos os problemas no mes de agosto”, manifestou Gallego, que criticou ademais a concesión clientelar “das axudas destinadas aos concellos para a inclusión laboral de persoas que perciben esta renda”.

Por último, Gallego cualificou de “excesivos” os trámites e a documentación que a Xunta esixe aos cidadáns para optar ao ticket eléctrico social, “xa que estamos a a falar dunha axuda irrisoria e cativa de 45 euros”.

Para esta axuda, solicítanse, ademais de cumprimentar os modelos oficiais que acompañan á resolución, empadroamento, informe dos servizos sociais, facturas da electricidade, libros de familia, documentos de identidade, certificados de convivencia e contratos de arrendamento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar