Os socialistas esixen “máis medios para políticas de Igualdade” e consideran “pírricos e unha hipocresía” os orzamentos da Xunta nesta materia para 2016

Os socialistas esixen “máis medios para políticas de Igualdade” e consideran “pírricos e unha hipocresía” os orzamentos da Xunta nesta materia para 2016

Os socialistas esixen “máis medios para políticas de Igualdade” e consideran “pírricos e unha hipocresía” os orzamentos da Xunta nesta materia para 2016

foto 5 novOs socialistas galegos esixen “máis medios para a loita pola igualdade e contra a lacra da violencia de xénero”, ademais de considerar “pírricos e unha hipocresía” os orzamentos da Xunta nesta materia para o ano 2016.

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Eva Martínez, e a portavoz de Igualdade dos socialistas galegos no Parlamento, Carmen Acuña, deron hoxe unha rolda de prensa para valorar os orzamentos da Xunta en materia de igualdade, na que aproveitaron para facer un chamamento á participación na marcha que haberá este sábado en Madrid contra a violencia machista.

“A iniciativa do 7N conta co apoio do PSdeG, integrado na plataforma feminista galega e que participa en todas as súas actividades, os asasinatos de mulleres en mans das súas parellas son intolerables e temos que dicir un non rotundo á violencia machista”, apuntou Martínez, que lembrou que os socialistas galegos poñen a disposición de militantes e cidadanía dous autobuses para asistir á marcha.

“Con seis mulleres asasinadas no que vai de ano en Galicia, os 13 millóns de euros para políticas de igualdade destinados nos orzamentos da Xunta para 2016, incluidas as partidas de loita contra a violencia de xénero, reflexan o escaso interese do PP de Feijóo na loita polos dereitos das mulleres”, lamentou a secretaria de Igualdade. “Só haberá 80.000 euros anos para campañas de sensibilización”, lembrou.

Pola súa parte, Carmen Acuña criticou “a hipocresía de Feijóo, que di que a economía vai ben e aumenta as consellerías, pero dos sesenta millóns que había no 2009 para Igualdade nos orzamentos da Xunta pasamos a 13 millóns, dos que case a metade son fondos europeos”.

“Son cantidades pírricas, 3,3 millóns de euros para entidades locais que loitan contra a violencia, 1,7 millóns de euros para mulleres con especial risco de vulnerabilidade e 1,3 millóns para potenciar o emprego das mulleres, que irán ademais para empresas privadas e autoemprego”, engadiu.

Tanto Martínez como Acuña coincidiron en sinalar que “o PP debería comezar as campañas de sensibilización co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, protagonista dun caso de machismo repugnante”. “Falamos dun feito de abuso de poder avalado polas intolerables desculpas de Feijóo e do Partido Popular, que o que fan é cuestionar á muller; os socialistas denunciamos esta situación e mostramos o noso apoio e solidariedade coa denunciante”, remataron.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar