Os socialistas esixen maiores garantías electorais para o proceso de consulta para o Consello Agrario que pretende crear o Ministerio de Agricultura

Os socialistas esixen maiores garantías electorais para o proceso de consulta para o Consello Agrario que pretende crear o Ministerio de Agricultura

Os socialistas esixen maiores garantías electorais para o proceso de consulta para o Consello Agrario que pretende crear o Ministerio de Agricultura

O anteproxecto de lei de representatividade das organizacións profesionais agrarias contempla unha consulta a realizar cunha soa urna por provincia, nas Subdelegacións do Goberno

Pablo García rexeita a tibieza da Xunta escudándose en que se trata dun texto en fase de modificación e esixiu maior contundencia na defensa das organizacións profesionais e das garantías de transparencia e participación

O portavoz socialista de Medio Rural acusa a Arias Cañete de querer coñecer primeiro a representatividade a través da consulta e logo dar atribucións ao Consello Agrario

Dubida da vontade do ministro de Agricultura de integrar na toma de decisións ás organizacións agrarias pois, na actualidade, deixounas fóra da mesa técnica sobre a aplicación da PAC no Estado

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Pablo García, preguntou hoxe, en comisión, ao Goberno pola posición da Xunta respecto do anteproxecto de lei de representatividade das organizacións profesionais agrarias.

A normativa, elevada ao consello de Ministros o pasado mes de xullo, contempla a creación do Consello Agrario e establecer unha consulta a nivel nacional para determinar a representatividade das organizacións profesionais agrarias, a realizar ao longo do 2014.

A tibieza da contestación do Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, escudándose na condición de anteproxecto do texto lexislativo, non dou satisfacción ao parlamentario socialista que advirte dos riscos de que se vulneren dos dereitos dos agricultores e gandeiros no proceso electoral proposto no anteproxecto do ministerio que dirixe Arias Cañete.

O deputado Pablo García demandou “mesmas garantías” para esta consulta que as que tiveron estes procesos electorais nas comunidades autónomas onde se celebraron, e que se remitían ao cumprimento do regulamento electoral en vixencia.

O parlamentario socialista salienta que o anteproxecto do ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente fala de abrir a participación non só os afiliados do Réxime Agrario da Seguridade Social, senón tamén quen declare unha renda procedente de actividades agrarias do 25%, así como sociedades mercantís e quen perciba subvencións por riba de 3.000 euros.

Pero o detalle máis sobresaínte e que prexudica de xeito notable a participación dos gandeiros e agricultores galegos na consulta é a proposta de celebrala durante quince días cunha soa mesa de votación por provincia, situada na Subdelegación do Goberno.

Para García “non se trata de falar de pucherazo ou de poñer en dúbida á Subdelgación do Goberno pola custodia durante quince días da urna”, pero cando menos, esixe o socialista, debera a consulta debera estar sometida a “un proceso con todas as garantías”. En Galicia, de xeito especial, pero “en todos os sitios”, non parece que pretenda favorecerse a participación ao “mandar ao centro da Coruña a votar aos agricultores e gandeiros da provincia”, exemplificou o portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista.

Todo o proceso ten unha redacción “sui generis” para os socialistas. García apunta a que o voto por correo non ven suplir as dificultades de acceso á mesa electoral, nin eleva as garantías dun proceso aberto durante 15 días.

O socialista cuestiona cales son as intencións do ministro Arias Cañete coa creación do Consello Agrario e a consulta sobre a representatividade, pois o anteproxecto non contempla as competencias que lle outorgaría a nova lei. “Imos votar sen saber que competencias van ter os representantes elixidos”, dixo García, a quen preocupa que o Goberno de Rajoy pretenda primeiro coñecer “quen vai estar no Consello para logo darlle unhas ou outras atribucións”.

Reprocha o socialista que as organizacións agrarias “quedaron fora” da mesa técnica de negociación da aplicación da PAC no Estado e, polo tanto se esta é a actitude do ministerio, “para este viaxe non fan falta tantas alforxas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar