Os socialistas esixen maior esforzo orzamentario para garantir a accesibilidade ás TIC

Os socialistas esixen maior esforzo orzamentario para garantir a accesibilidade ás TIC

Os socialistas esixen maior esforzo orzamentario para garantir a accesibilidade ás TIC

Abel Losada pediu que a inversión da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sexa máis elevada

O deputado socialista, Abel Losada, demandou hoxe na comparecencia en Comisión da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, maior incidencia nos gastos que realiza a mesma para garantir o acceso ás novas TIC, especialmente no rural.

 

Abel Losada sinalou que “temos a sensación de que o balance da primeira axenda dixital non foi o axeitado” e cualificou como “imprescindible” realizar “investigación antes da aplicación das cousas”. Fixo referencia aos orzamentos, apuntando que os gastos desta Axencia non son suficientes e quixo sinalar que “hai niveles que deberían mellorarse”.

 

O deputado fixo fincapé na importancia das novas TIC, dende o punto de vista da accesibilidade. Sinalou que “a oferta crea a demanda” e na actual situación “hai que adaptarse á oferta que hai”. Denunciou que “por parte da Administración se esixe o uso das TIC a quen non coñece ni está formada para empregalas”.

 

Losada demandou maior cobertura de banda apuntando a que “a directora da axencia dá datos”, os cales cualificou como que “son decepcionantes”, alegando que “non hai un dato cuantitativo, tan só unha referencia aos 30 megabytes “, media que os expertos consideran aceptable para navegar na rede sen necesidades especiais.

 

Por último, fixo alusión ó control ex-post dos concursos da fibra e recalcou que lle gustaría saber si ese control vai ser efectivo.

Sgonzalez

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar