Os socialistas esixen “maior cobertura” para as persoas sen emprego e lembran que “pese á propaganda do PP, en Galicia hai 670.000 persoas en risco de exclusión social”

Os socialistas esixen “maior cobertura” para as persoas sen emprego e lembran que “pese á propaganda do PP, en Galicia hai 670.000 persoas en risco de exclusión social”

Os socialistas esixen “maior cobertura” para as persoas sen emprego e lembran que “pese á propaganda do PP, en Galicia hai 670.000 persoas en risco de exclusión social”

Carmen GallegoOs socialistas galegos demandaron hoxe no pleno do Parlamento “unha maior cobertura” para as persoas desempregadas e lembraron que “pese ás promesas e a propaganda do PP, en Galicia hai 670.000 persoas en risco de exclusión social”.

Nunha proposición non de lei do PSdeG sobre as demandas que debe realizar o goberno galego ao goberno central pola cobertura das prestacións por desemprego e a transferencia de fondos para políticas activas de emprego, a viceportavoz dos socialistas, Carmen Gallego, lembrou que “a día de hoxe hai 181.000 persoas ocupadas menos que cando chegou Feijóo”.

“Medran o paro, a pobreza e a desigualdade, mentres o goberno central aforra 387 millóns de euros entre 2014 e 2015 na cobertura dos desempregados galegos, nin sequera executan as políticas e as partidas previstas”, afirmou Gallego.

“Os datos da EPA reflicten máis de 275.000 galegos e galegas no paro, 113.000 máis que no 2009, e o número de fogares nos que todos os membros están desempregados chega a 95.000”, manifestou a deputada socialista, que lamentou “a precariedade e a temporalidade do mercado laboral, o 93% dos contratos asinados en maio deste ano foron temporais”.

Os socialistas critican que “un 30% das persoas asalariadas cobran menos do SMI, conxelado polo goberno de Rajoy, e a Risga só cubre arredor do 30% dos fogares nos que non entra ningún ingreso”. “O único que fixo o Partido Popular ante esta situación foi unha reforma laboral que precariza o emprego e facilita o despido”, sostén a viceportavoz dos socialistas galegos

“Xa basta nos recortes nas prestacións por desemprego e na duración das mesmas, no acceso a programas como o Prepara ou no acceso aos subsidios para maiores de 50 anos, o PP ten que deixar de cambiar aos portavoces de comunicación e modificar dunha vez as súas políticas”, rematou Gallego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar