Os socialistas esixen “dignidade” a Núñez Feijóo para que de explicacións no Parlamento sobre “o financiamento ilegal do PP e as súas amizades perigosas”

Os socialistas esixen “dignidade” a Núñez Feijóo para que de explicacións no Parlamento sobre “o financiamento ilegal do PP e as súas amizades perigosas”

Os socialistas esixen “dignidade” a Núñez Feijóo para que de explicacións no Parlamento sobre “o financiamento ilegal do PP e as súas amizades perigosas”

Soneira plenoOs socialistas galegos esixiron hoxe no pleno do Parlamento “dignidade” ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que de explicacións sobre “o financiamento ilegal do Partido Popular e as súas amizades perigosas, entre outros moitos temas”.

“Feijóo entrou en Monte Pío ao lombo dunha campaña de descrédito do seu antecesor chegando a acusalo, nesta mesma tribuna, de cargar o aluguer da vivenda das súas vacacións en Galicia ao erario público; Touriño aportou a esta cámara a factura do aluguer abonada do seu pecunio particular e Feijóo non considerou necesario dar ningunha explicación nin desculparse”, manifestou nunha moción a deputada socialista Marisol Soneira.

A socialista lembrou tamén a recente apertura do xuízo oral polo caso Gürtel, as amizades de Feijóo con Marcial Dorado ou o papel de conseguidor na Operación Zeta do amigo persoal do presidente da Xunta, Pachi Lucas, antes de afirmar que “rexistramos case 300 solicitudes de comparecencia, moitas delas por asuntos que danan a imaxe das nosas institucións pero que parece que non lle afectan ao presidente nin ao seu goberno”.

“Por iso pedimos que compareza o presidente se ten dignidade política e unha pinga de esixencia para si do que demandaba dos demais; lle sobra o tempo para viaxar a América, pero non ten tempo para comparecer a explicar por que os tribunais están que non dan abasto con delitos vinculados ao financiamento do PP”, apuntou Soneira.

“O presidente da Xunta non considera necesario tampouco comparecer para dar conta de por que navegaba en barcos dunha organización criminal que mesmo estaban balizados pola Policía”, dixo a socialista.

“O desprezo á primeira institución do país é patente, falan de democracia, transparencia e rexeneración, pero non dan ningún tipo de explicación de todo este rosario de ilegalidades dos que lles acusan e que están a día de hoxe nos xulgados”, rematou Soneira.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar