Os socialistas esixen coñecer "a verdade sobre o accidente de Angrois"

Os socialistas esixen coñecer "a verdade sobre o accidente de Angrois"

Os socialistas esixen coñecer "a verdade sobre o accidente de Angrois"

Raúl Fernández reclama agardar á conclusión da Subcomisión de Investigación creada por Fomento para constituír unha Comisión de Investigación en Galicia

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, reclamou hoxe “a verdade sobre o accidente de Angrois” e asegurou que os socialistas “non renunciamos a nada unha vez coñecidos os resultados das investigacións” en curso. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei para a constitución dunha Comisión de Investigación sobre o accidente.

O responsable socialista explicou que os socialistas absteranse da creación deste órgano ata coñecer as conclusións da subcomisión de investigación constituída no Ministerio de Fomento. Dixo que “o coñecemento dos resultados das investigacións en marcha son os que deben conlevar a concreción ou non dunha Comisión de Investigación”.

Fernández reclamou respecto para as vítimas do accidente e os seus familiares, polo que evitou “manifestacións que poidan causar nas vítimas o sentimento de utilización partidaria”. Explicou que “debémoslles que as investigacións e os debates que conlevan non se convertan en sobreactuacións partidarias que volvan facer deles as vítimas nin se convertan en silencios eternos que os humillen”.

Advertiu que tanto as vítimas, como as súas familias e amigos, o persoal de emerxencias, sanitarios, psicólogos, as veciñas e veciños de Angrois e a sociedade en conxunto agardan conclusións “para identificar os erros que provocaron o accidente, corrixir eses erros e depurar responsabilidades”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar