Os socialistas esixen compromisos reais de orzamentos e prazos para o Hospital da Costa

Os socialistas esixen compromisos reais de orzamentos e prazos para o Hospital da Costa

Os socialistas esixen compromisos reais de orzamentos e prazos para o Hospital da Costa

burela_02O deputado socialista José Ramón Val esixiulle hoxe ao PP que “doten de máis orzamentos a partida ” para garantir a realización da ampliación e remodelación do Hospital da Costa. O deputado da Mariña emendou unha proposta presentada polo PP “absolutamente baleira de contido” para garantir orzamento e compromiso real coa súa construción.

Val Alonso advertiu ao PP que, de non incluír mais diñeiro nos orzamentos, a proposta contará coa abstención dos socialistas galegos, xa que “nos negamos a ser a comparsa da estratexia de propaganda do goberno galego, que anuncia agora esta obra coa lexislatura remata”.

Fronte a unha proposta presentada polo deputado Balseiro “co único propósito de publicitarse a si mesmo”, os socialistas reclaman dotar a esta partida dun orzamento inicial de 4,5 millóns de euros para o ano 2016, fronte aos 1,8 “absolutamente insuficientes” que teñen consignado os orzamentos da Xunta. Ademais esixiu “que en 2016 se faga algo máis que o proxecto técnico” para permitir a súa finalización nun prazo máximo de 28 meses.

O deputado socialista advirte que tal e como está a obra contemplada nos orzamentos da Xunta “suporía que en 2017 habería que executar e certificar máis de 10,2 millóns de euros, poñendo en risco o cumprimento dos prazos”.

Val advertiu que o PP “leva sete anos sen facer absolutamente nada para mellorar esta infraestrutura sanitaria” que recuperan en vésperas das eleccións. Sinalou que “os cidadáns da Mariña non cren en vostedes nin na súa forma de facer política, e saben perfectamente que quen terá que facer as obras de ampliación será un goberno socialista”.

Convidou ao PP e a Balseiro a que “deixen de enredar” e esixiu a incorporación da emenda socialista reclamando “un maior compromiso por parte da Xunta de Galicia para a finalización en prazo dunha obra moi necesaria na Comarca de A Mariña e que xa leva sete anos de retraso”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar