Os socialistas esixen “axudas inmediatas para o sector do mexillón” e un estudo para saber “si hai factores como a contaminación que afectan nas mareas vermellas”

bateas-de-mejillones-en-la-ría-de-Vigo.-Foto-de-FlickrO portavoz de Pesca dos socialistas, José Ramón Val, demandou hoxe no Parlamento “unha orde de axudas inmediata para paliar a delicada situación do sector do mexillón” debido aos peches por marea vermella, pero o PPdeG rexeitou a iniciativa.

Na Comisión de Pesca da Cámara, Val solicitou tamén “un estudio para saber si, á marxe das circunstancias de carácter natural, hai outros factores como a contaminación do home que provocan os peches por toxinas dos polígonos bateeiros”.

“Son necesarias medidas excepcionais, como a posta en marcha de liñas de crédito para o sector, porque o ano pasado aprobaron unha axuda de 1,5 millóns de euros e o PP di que houbo 500 solicitudes, polo que estamos a falar dunha cantidade de 3.000 euros por batea, unha cifra moi pequena”, manifestou o deputado socialista.

En opinión do PSdeG, “o Goberno galego e a súa conselleira de Mar, lonxe de poñerse ao fronte da situación e ofrecer axuda ao sector permanece agochada, deixando pasar os días cunha actitude preportente, fai declaracións desafortunadas pero non ofrece solucións”.

“Ata hai poucos días practicamente a totalidade dos polígonos bateeiros estaban pechados á extracción de mexillón, e aínda que nas últimas semanas a marea vermella parece que ten remitido, e xa se pode extraer de aproximadamente o 30% dos polígonos, parece que a proporción é a todas luces insuficiente para normalizar a campaña”, engadiu Val.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar