OS SOCIALISTAS ESIXEN AO SERGAS QUE APLIQUE O DECRETO PARA “A INCORPORACIÓN EN ATENCIÓN PRIMARIA DOS ENFERMEIROS COA ESPECIALIDADE”

Os socialistas galegos esixen á Xunta que cumpra o decreto vixente para “a incorporación nos servizos de Atención Primaria dos enfermeiros que teñen a especialidade”.

O portavoz de Sanidade do PSdeG, Julio Torrado, mantivo esta mañá no Parlamento unha reunión con representantes da Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria de Atención Primaria de Galicia –Agefec–.

O decreto 81/2016 recoñece a Especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria, pero non se aplica. Torrado demanda á Consellería de Sanidade o seu desenvolvemento “e que realmente os especialistas poidan traballar en Atención Primaria de forma habitual”.

Os socialistas galegos lembran que a Xunta comprometeuse cos sindicatos o pasado mes de febreiro “a incrementar de forma progresiva nos concursos as prazas de enfermeiro e enfermeira especialista, pero está incumprindo o acordo”.

Á marxe desta demanda, o PSdeG rexistrou no Parlamento de Galicia varias iniciativas para a defensa e a mellora da Atención Primaria. “É un servizo fundamental para a cidadanía que necesita un plan estratéxico, será un asunto prioritario para os socialistas durante a lexislatura”, engade Torrado.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar