Os socialistas esixen ao PP “un cambio de actitude na maneira de abordar a corrupción” e prevén “un debate articial” no pleno extraordinario da próxima semana

Os socialistas esixen ao PP “un cambio de actitude na maneira de abordar a corrupción” e prevén “un debate articial” no pleno extraordinario da próxima semana

Os socialistas esixen ao PP “un cambio de actitude na maneira de abordar a corrupción” e prevén “un debate articial” no pleno extraordinario da próxima semana

Méndez RomeuO portavoz dos socialistas galegos no Parlamento, José Luis Méndez Romeu, esixiu hoxe ao Partido Popular “un cambio de actitude na maneira de abordar a corrupción, unha vontade real e non debates artificiais como o que agardamos no pleno extraordinario da próxima semana”.
Despois da xunta de portavoces da Cámara e tras o anuncio de onte da convocatoria dun pleno extraordinario para que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fale supostamente de novas medidas de impulso democrático, Méndez Romeu lamentou “a falla de respecto do Goberno galego co Parlamento, unha vez máis a Cámara non debaterá os problemas que interesan aos cidadáns”.
“No que vai de lexislatura, demandamos 41 veces a comparecencia de Feijóo para falar de diferentes temas de actualidade”, afirmou Méndez, que lembrou o pleno extraordinario que solicitaron os socialistas hai uns días para falar de sanidade, o prezo dos combustibles e a crise do sector lácteo.
“Dixeron que non e onte convocan un debate sobre impulso democrático; despois de falar durante meses de redución de deputados ou de modificar a elección de alcaldes, semella que agora chega a quenda de falar de aforamento ou doutras medidas que en realidade son competencias estatais e que o PP non apoia nas Cortes”, apuntou o portavoz do PSdeG.
“Acudiremos a ese debate con toda a responsabilidade, pero sendo conscientes de que en seis anos o Partido Popular non presentou nin un só proxecto de lei para falar deste tema, será un pleno no que non vai haber votacións e un debate artificial”, engadiu.
Méndez Romeu considera que o único necesario é “ter vontade de resolver os problemas e un cambio de actitude na maneira de abordar a corrupción, pero Feijóo aínda non explicou con documentación seria o que pasou cos cursos de formación ou co financiamento irregular do seu partido”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar