Os socialistas esixen ao PP “que non modifique a lei do aborto” e defenden “a educación en saúde sexual desde a idade escolar”

Os socialistas esixen ao PP “que non modifique a lei do aborto” e defenden “a educación en saúde sexual desde a idade escolar”

Os socialistas esixen ao PP “que non modifique a lei do aborto” e defenden “a educación en saúde sexual desde a idade escolar”

16323632887_c12f00b462_zOs socialistas galegos defenden “a educación en saúde sexual desde a idade escolar” e esixen ao Partido Popular “que non modifique a actual lei do aborto” e respecte os dereitos das mulleres.

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Eva Martínez, e a secretaria de Igualdade de Xuventudes, Laura Requejo, presentaron hoxe en Santiago diferentes accións na rúa con motivo do Día Europeo da Saúde Sexual. Baixo o lema Que non nos toquen a lei!, os socialistas repartirán o sábado en Ourense información sobre o artigo 13 da lei de interrupción voluntaria do embarazo e preservativos.

“O artigo 13 da actual Lei do aborto defende ao dereito á maternidade e á saúde sexual das mulleres de 16 e 17 anos, non é certo que facilite que se fagan as cousas de costas aos país”, afirmou Martínez. O PSdeG apoia a actual normativa de prazos, posta en marcha polo goberno de Zapatero.

“A saúde sexual debe iniciarse desde a idade escolar, desde os centros educativos, con campañas formativas para os nenos e nenas que lles corresponderían ás administracións, lexislar doutra maneira é non entender a realidade”, engadiu a secretaria de Igualdade dos socialistas galegos.

Requejo incidiu en la importancia de non modificar o artigo 13 da Lei do aborto, “xa que co cambio só estarían satisfeitos os estamentos máis retrógrados da sociedade española, non din a verdade para xustificar un cambio lexislativo propio da dereita”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar